*Xermade-Monterroso: O Monterroso xa vencía por 0-4 no minuto 24. Frebas sorprendeu na portería ulloana e o meta Roi saiu nos últimos minutos para marcar o derradeiro gol. Martín Blanco fixo un doblete e Pedro Coria o tanto da honra para o Xermade. Os de Cerdeiriños estrearon a chamativa equipación amarela.
*Pastoricense-Xove Lago: O Pastoricense comeza a mirar cara a zona media-alta da táboa. Importante victoria nun encontro no que tirou de efectividade. A posesión foi para o Xove Lago. O cadro de Miguel Sancosmed cometeu dous graves erros que o deixaron sen punto algún.
*Foz-Santaballés: Un Foz superior segue sen baixar o pistón. Manolito asinou un doblete nun partido que os de Gayol sentenciaron moi preto do pitido final. O Santaballés apenas creou perigo sobre a meta de Bruzos. Na outra portería, debutou Comor. O gardamallas estreouse na segunda metade ao entrar no campo por Muelles. Ibán Gayol e Iago remataron expulsados.
*Bóveda-Sporting Pontenova: Partido moi tenso, no que o Pontenova se puxo cun 0-2 antes dos vinte minutos de xogo. O Bóveda non se foi do partido e salvou un punto cun gol de Cabanelas fillo pasado o minuto 80 de xogo.


*Páramo-Ferreira: Un efectivo Ferreira logrou un importante triunfo nas Rapadas. Unha victoria para a moral basada na efectividade. Os do Baliño aguantaron as acometidas do Páramo na primeira metade e remataron goleando tralo descanso a un rival que baixou as súas prestacións. Samba firmou dous tantos.
*San Roque-Chantada: Os goles e a polémica chegaron no remate do encontro. Iago Alonso adiantou ao San Roque de penalti no minuto 87. O Chantada igualou cun tanto de Kadete, dentro dos seis minutos de desconto que decretou o colexiado. A decisión non sentou ben en Montirón e o cadro de Manolo García concluiu a tarde con tres xogadores expulsados. O xuvenil Raúl debutou nos do Sangoñedo.
*Valadouro-Riotorto: Partido disputado e con ocasións, moi entretido para o espectador. Play adiantou ao Riotorto e Felipe Varela culminou a remontada do Valadouro a menos de dez minutos para o final.

*San Ciprián-Lemos: Duelo de alternativas na Veiga. O San Ciprián remontou o tanto inicial de Armesto con dous goles consecutivos no ecuador da primeira metade. Iso sí, Armesto marcaría de novo na reanudación e levaría un punto para Monforte.
*Taboada-Sarriana: Marino decidiu na Medela no último cuarto de hora. O meta Macía celebrou o gol diante da afección local, feito que non sentou nada ben na bancada da Medela. Un xesto un tanto incomprensible… O importante para os da Ribela é que firmaron unha nova victoria pola mínima. E que aumentan a distancia co terceiro posto.