A ilusión do Viveiro de voltar á Copa do Rei, en xogo ante o Ribadumia

O Viveiro afronta paseniño o reto de situar de novo o seu nome entre os elexidos do fútbol estatal. Fai uns meses, aínda que ben seguro que lles gustaría acadalo doutra forma, chegou o ascenso a Terceira nen máis nen menos que despois de catorce anos sen xogar en categoría nacional. Era case unha obriga […]

Brais (C.S.D. Arzúa): «Xogar en Riazor contra o Deportivo foi moi especial, sempre o recordarei»

A pasada campaña a piques estivo de facer a súa estrea en Terceira nas filas do Racing Vilalbés logo dunha pretemporada ás ordes de Simón Lamas, pero seguiu medrando no Ribadeo en Preferente Autonómica. Agora Brais Preito Cobas (Frexulfe – O Valadouro, 05/06/1999) non deixou pasar o tren. O Arzúa, equipo revelación da Terceira na […]

Marino (Racing Vilalbés): «Chego ao clube indicado para seguir medrado»

Era unha das pezas máis codiciadas do mercado na nosa provincia. José Castro Vilarín «Marino» (Meira, 24/01/1991) deixou Cantarrana por motivos laborais unha vez acadado o ascenso co Viveiro. Pero tiña a Terceira entre cella e cella e o Comandante retorna á orixe e xogará no clube no que se formou: o Racing Vilalbés. FUTBOLINLUGO: […]

Diario dun mercado. Episodio 173

Pese a que o ritmo endiablado que collera a mediados-finais do mes pasado xa se reduxo, o mercado continúa en movemento. Todos os clubes da provincia están tratando de conformar os cadros de xogadores máis competitivos posibles para afrontar a atípica 2020/2021.

Fazañas: O Ribadeo, unha familia que puido disfrutar da Terceira

Veñen de cumprirse seis anos dunha das grandes fazañas da centenaria historia do Ribadeo F.C. No campo do Carral, o conxunto mariñán logrou un ascenso a Terceira División que significou unha ledicia inmensa para un pobo que non gozaba da presencia do seu equipo en categoría nacional nos últimos vinte anos. Agora, un remozado Pepe […]

Xusto (S.D. Silva): «No Racing Vilalbés vivín momentos inesquecibles»

Un veterán do noso fútbol. Xusto Pardeiro (Cangas de Foz, 30-05-1987) amósase feliz no Silva, clube no que a pandemia do Covid-19 non lle deixou rematar a súa primeira temporada, pero que vén de asinala renovación para continuar unha campaña máis no equipo coruñés. Malia todo, non esquece o seu periplo no Racing Vilalbés, onde […]

O triunfo do Viveiro en Noia achégao ao obxectivo do ascenso

O Trío de Ases desta xornada déixanos dúas derrotas na Terceira División. O Polvorín perdeu no Barco e o Racing Vilalbés en Redondela ante o Choco. Na Preferente o Viveiro deu un paso de xigante cara o ascenso ao gañar en Noia. A Sarriana goleou a un irrecoñecible Fisterra, o Lemos gañou no derbi provincial […]

Polvorín e Racing Vilalbés distáncianse do perigo nunha mala xornada na Preferente

O Trío de Ases desta xornada déixanos un pleno de triunfos na Terceira. O Polvorín tumbou ao Compostela no Anxo Carro e o Racing Vilalbés acadou unha vitoria importante na Madalena diante do Pontellas. Na Preferente tan só gañou o Viveiro no derbi provincial ante a Sarriana. O Ribadeo perdeu nas Valgas co Boiro e […]

A Residencia gañou en Boiro e achégase á permanencia

O Trío de Ases da xornada 25 de Terceira División déixanos dous empates dos equipos lucenses, pero con sabor a vitoria, xa que, foron acadados en dous campos complicados. O Racing Vilalbés igualou a un gol no campo do Arousa e o Polvorín empatou a dous en Cangas do Morrazo  diante do Alondras. No encontro […]

O Viveiro perde case unha volta enteira despois

O Trío de Ases da Xornada 24 déixanos o empate do Racing Vilalbés co Paiosaco e o triunfo do Polvorín diante do Arenteiro na Terceira. Na Preferente, o Viveiro volveu perder case unha volta enteira despois, mentras que o Ribadeo non puido puntuar en Boimorto. Derrotas tamén da Sarriana, Residencia e Foz como locales. A […]

A Residencia amosa o seu bo momento ante o novo Foz de Javi Chinchón

O Trío de Ases da Xornada 23 déixanos dúas derrotas dos nosos equipos de Terceira. O Racing Vilalbés non puido sacar nada positivo do campo do Arzúa e o Polvorín caeu diante do potente Ourense C.F. Na Preferente, o Viveiro gañou no seu retorno a Cantarrana ao Montañeros e o Ribadeo fixo o propio nas […]

O tempo de desconto resultou decisivo para catro conxuntos lucenses

O Trío de Ases da xornada 22 déixanos dous empates na Terceira. O Racing Vilalbés rescatou un punto no último suspiro, mentres que o Polvorín viu como o Choco lle empataba xa co tempo cumprido. Na Preferente, non podemos celebrar ningún triunfo. Lemos e Viveiro empataron no derbi provincial, a Sarriana empatou nun polémico encontro […]

Pleno de vitorias na Terceira e preocupante xeira dun Foz que se afunde en descenso

O Trío de Ases tráenos un pleno de triunfos na Terceira. O Racing Vilalbés gañou na Madalena ao Silva, mentres que o Polvorín goleou a domicilio ao Pontellas. Na Preferente, a Sarriana gañou o derbi provincial á Residencia e o Foz caeu no Martínez Otero ante o Noia. O resto foron empates. O do Viveiro […]

A Sarriana goleou no derbi provincial a un feble Foz

Comezamos a segunda volta cun Trío de Ases que nos deixa na Terceira División a derrota do Racing Vilalbés no derbi de proximidade ante o As Pontes e o empate do Polvorín ante o potente Arousa na Cheda. Na Preferente, xornada propicia para os nosos equipos, salvo para o Foz que caeu con estrépito na […]

O guante de Xaime dalle ao Viveiro tres novos puntos

O último Trío de Ases da primeira volta déixanos dous empates na Terceira. O do Racing Vilalbés na Estrada e o do Polvorín na Cheda co Paiosaco. Na Preferente, o Viveiro sufriu para gañar en Laracha, o Ribadeo empatou co Mugardos e a Residencia fixo o propio no campo do Montañeros. E tres derrotas, a […]