A Residencia gañou en Boiro e achégase á permanencia

O Trío de Ases da xornada 25 de Terceira División déixanos dous empates dos equipos lucenses, pero con sabor a vitoria, xa que, foron acadados en dous campos complicados. O Racing Vilalbés igualou a un gol no campo do Arousa e o Polvorín empatou a dous en Cangas do Morrazo  diante do Alondras. No encontro aprazada da Xornada 17 na Preferente, a Residencia gañou en Barraña ante o Boiro e deu un paso importante cara a permanencia.

Meritorio punto do Racing Vilalbés no campo do Arousa, terceiro clasificado (1-1). O cadro chairego mantense na décima posición e aumenta a cinco puntos a distancia cos postos de descenso directo. Os de Simón Lamas trataron de minimizar riscos en defensa e concederon moi poucas ocasións a un Arousa que conta cun gran potencial ofensivo. Adiantouse o cadro local nun dos seus primeiros achegamentos cun tanto do central Catú, que recolleu un balón solto logo dun centro lateral. Na segunda metade, o Racing sentiuse máis cómodo e controlou mellor o encontro. Make gozou dunha clara ocasión para empatar, pero rematou lixeiramente desviado. O tanto da igualada chegou nun saque de esquina que rematou o burelao Moreda, titular na punta de ataque, no segundo pao.

O Polvorín mantén tres puntos sobre o descenso logo de empatar diante do Alondras (2-2). Encontro de alternativas, que comezou cun dominio infructuoso do cadro local, que dominaba o balón, pero sen a profundidade necesaria para causarlle problemas a unha defensa lucense lastrada polas baixas. Pasada a media hora de partido unha gran xogada de Mauro foi aproveitada por Luismi, que batiu a Julen no man a  man. Tivo o empate o Polvorín preto do intermedio nas botas de Cristian, pero Ayoub, ex gardameta da Sarriana, evitou o tanto. Saíron os pupilos de José Durán dos vestiarios coa idea firme de remontalo encontro, e acadárono en menos dun cuarto de hora. Varo, que visitaba ao seu ex equipo, colocou un balón medido para Cristian, que rematou a placer establecendo o empate. Tan só sete minutos despois, Rayco foi obxecto de penalti e él mesmo foi o encargado de transformalo. Co encontro sen moitas ocasións de gol, unha man na área lucense foi sinalada como penalti e Mauro non errou. Nos últimos intres, ámbolos equipos gozaron de ocasións para acadar os tres puntos, pero o marcador non se moveu.

Triunfo de prestixio da Residencia na súa visita ao Boiro, que achega aos lucenses á zona media (1-3). O encontro saiu segundo o previsto para o cadro lucense. Os de Álvaro Meilán cederon o balón ao Boiro e saíron á contro con perigo. O conxunto local dominou dun xeito estéril sen inquietar á zaga dunha Residencia que aproveitou á perfección as súas ocasións. Nun erro da zaga boirense, Veloso fixo o primeiro e pouco despois Dani López recolleu un balón morto e puxo terra de por medio. Na segunda metade o equipo adestado por Luis Santiago incrementou o ritmo e o gol local tan só tardou catro minutos en chegar. Juanma cunha precisa volea batiu a Diego Bravos. Pouco despois, Changui anotou o empate, pero o tanto foi invalidado por man do mítico dianteiro. Puido sentenciar a Residencia en dúas claras ocasións de Veloso e Moha, pero o tanto do triunfo non chegaría ata o últimos minutos, cando Veloso recibiu un balón en profundidade e co porteiro local adiantado batiuno desde máis de corenta metros.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 498

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.