Volve a rodar o balón: Viveiro e Racing Vilalbés erguen o pano con seareiros en Cantarrana

Pasaron máis de seis meses desde aquel xa lonxano 8 de marzo cando se detivo o balón no último campo da nosa provincia. O seguinte fin de semana, xa decretado o estado de alarma por mor da pandemia do Covid-19, o fútbol xa era unha preocupación menor para todos nós, incluídos aos que máis nos gusta.
Foron momentos complexos e descoñecidos. Moitos dos protagonistas diarios na nosa web polas súas actuacións cos seus equipos,  pasaron a convertírse en gladiadores fronte a un coronavirus que nos ameazaba con forza e aínda o fai, cada un na súa profesión, moitos no ámbito sanitario. Pero seis meses despois chegou o momento de volver a ver o balón correr polos campos da nosa provincia.
As restriccións serán moitas e a responsabilidade de tódolos protagonistas debe ser máxima para evitar os contaxios. O fútbol volve a Cantarrana hoxe sábado ás 18:30 horas e co permiso da Xunta de Galicia para albergar gradas a un máximo de mil seareiros, e enfrontará ao Viveiro e ao Racing Vilalbés.
Será algo novo, diferente, con moitas medidas de seguridade, pero afrontarémolo cargados de ilusión despois de tanto tempo sen competir, pero tamén con incertidume. Debemos ser responsables, tanto xogadores como seareiros e servir de exemplo para outras ligas e deportes que aínda non comezaron” afirma Álex Meitín, un dos capitáns do Viveiro, que xunto os seu compañeiros tentarán afianzar ao clube na nova categoría logo de acadar o tan ansiado ascenso.  Para David Vérez, un dos fixos na zaga chairega “chegamos con moitas ganas de competir e ilusionados logo de tanto tempo parados, pero tamén coa intriga de saber que todo vaia saír ben e podamos xogar sen problemas“.
As medidas de seguridade e hixiene son unha constante no día a día de Viveiro e Racing Vilalbés, así como de tódolos restantes clubes. “Nós cambiámonos en catro vestiarios distintos para estar separados, miramos a fiebre . . . pero agora é o que toca se queremos voltar á competición“, dice Vérez, xa convertido nun veterán da zaga vilalbesa malia súa xuventude.
Vérez, ao fondo da imaxe, un dos baluartes defensivos do Racing Vilabés
O cadro adestrado por Simón Lamas reforzou a súa plantilla de cara a nova temporada coa chegada de xogadores importantes para o ataque, como Santi Gegunde ou Dani Pedrosa, así como o xoven Aitor, pero tamén a zaga co retorno ao clube de Bruno Caballero, así como as bandas coa velocidade do ex viveirense Marino. Para Álex Meitín, o seu rival “son un equipo feito e contrastado na Terceira que se reforzou moi ben con xogadores de calidade. Para min son un dos grandes candidatos ao ascenso“.
Álex Meitín, nun encontro da pretemporada 2018-2019 fronte ao Racing Vilalbés
O Viveiro apostou para o seu retorno á categoría nacional pola continuidade. Chusky seguirá no banquiño e con él a ampla maioría do cadro de xogadores, reforzados cos fichaxes do gardameta Tomy, os zagueiros Pablo Rey, Édgar e Dani Montes, o centrocampista Jacob e os atacantes Asier e ex racinguista Aitor Moreda. Vérez tampouco escatima eloxios para os mariñáns, “agardamos un Viveiro forte, teñen grandes xogadores e sempre son un rival moi complicado, máis aínda na súa casa“.
Cantarrana será o primeiro campo en albergar afeccionados nas súas bancadas, seguindo o protocolo das autoridades. Vérez amosouse sorprendido e ao mesmo tempo aliviado coa inmediatez da medida, “non agardaba que houbera público tan cedo, pero todo o que sexa volver á normalidade é bo, ademáis o fútbol sen afeccionados pero case que o máis importante“. Pero se alguén ten ganas de ver ao seu equipo competir de novo, e nunha categoría superior son os viveirenses. “Logo de trece anos lonxe da Terceira, tentaremos facerlle disfrutar de novo á nosa afección. Somos un equipo xoven, pero con moitas gañas, que traballamos duro para chegar nas mellores condicións. Unha liga máis curta do normal obríganos a adaptarnos ráido se non queremos pasar apuros” afirma un responsabilizado Álex Meitín.

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 407

Deja un comentario