Diario dun mercado. Episodio 363
O talentoso Fagín protagoniza o episodio 363 do mercado coa súa fichaxe polo Ferreira
O talentoso Fagín protagoniza o episodio 363 do mercado coa súa fichaxe polo Ferreira
De extremo a extremo da provincia, o mercado non deixa a ninguén tirado.
Apenas 24 horas despois, unha nova edición do Diario dun Mercado.
Marcos Moscoso volverá adestrar na Terceira Rexional
Renovacións de calado e fichaxes e baixas de importancia neste Diario dun mercado
Aínda nos primeiros días do mercado estival, este está que arde. Comezamos polos banquiños. En Sarria, o club comunicou a non continuidade de Brais Prados, técnico co que os da Ribela acadaron o ansiado ascenso a Terceira RFEF, e a chegada de Jorge Cuesta. O novo adestrador ten ampla experiencia na base do RC Celta, […]
A Madalena viviu un encontro histórico. Por primeira vez, o Racing Vilalbés logrou chegar á derradeira eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF e a capital chairega vestiuse de gala para recibir ao conxunto rioxando de La Calzada. O Racing realizou un bo encontro pero os visitantes marcharon cun empate, un premio excesivo para o visto […]
Fin de semana moi positivo para o fútbol lucense. O Racing Vilalbés impúxose ao Arousa e clasifícase para a derradeira eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF. Na Preferente, a Sarriana logrou o ansiado ascenso a Terceira RFEF logo de gañar no derbi provincial diante da Residencia e beneficiado polo empate entre Noia e Boiro. A […]
O Racing Vilalbés e o Arousa igualaron na ida da segunda rolda eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF e será no campo da Lomba onde se decida o equipo que represente a Galicia na derradeira fase. Na Preferente, a Sarriana quedou sen marxe de erro para manter praza de ascenso logo do empate no campo […]
Gran encontro do Racing Vilalbés que remontou a eliminatoria no campo do Rápido de Bouzas. Xogará a segunda rolda da fase de ascenso diante do Arousa. Na Preferente, a Sarriana non pasou do empate co Noia no partidazo da xornada e ve reducida a catro puntos a súa vantaxe. Triunfos importantes do Ribadeo e do […]
Derrota pola mínima do Racing Vilalbés na Madalena fronte ao Rápido de Bouzas no encontro de ida das semifinais do play off de ascenso a Segunda RFEF. O conxunto de Simón Lamas terá que vencer no Baltasar Pujales para avanzar á seguinte rolda. Na Preferente importante vitoria da Sarriana no campo do Pino, con remontada […]
Unha de cal e outra de area na derradeira xornada de Terceira RFEF. Ledicia na Madalena, onde o Racing Vilalbés dobregou a un Arousa que se xogaba o ascenso directo e disputará o play off de ascenso. Final de temporada cruel para o Viveiro. Logo de sobrepoñerse a moitas adversidades, os mariñáns xogarán en Preferente […]
Máxima emoción na Terceira RFEF. A penúltima xornada, xa disputa en horario unificado, deixa aos nosos dous representantes cos deberes por facer para o derradeiro encontro. O Racing Vilalbés empatou no campo do líder, o Fabril, pero non certificou a súa presenza no play off de ascenso. O Viveiro perdeu en Cantarrana fronte ao Silva […]
A xornada de Preferente déixanos unha vitoria de seis puntos para a Sarriana. Ao triunfo dos de Brais Prados no campo do Sigüeiro hai que sumarlle as derrotas dos seus perseguidores, Noia e Betanzos. A diferencia co terceiro clasificado agora é de nove puntos. Importante vitoria tamén da Residencia na súa visita ao San Tirso. […]
Antepenúltima xornada na Terceira. O Racing Vilalbés sumou un punto insuficiente diante do Paiosaco e mantén viva a esperanza dos seus perseguidores por entrar no play off. O Viveiro sumou un triunfo de vital importancia no campo do Gran Peña e acariña a súa continuidade en categoría nacional. Na Preferente, a Sarriana venceu fronte ao […]
Mala xornada para os nosos. Na Terceira o Racing Vilalbés caeu derrotado pola mínima no campo do Barco e terá que pelexar ata o final para conservar o posto de play off, e o Viveiro perdeu na súa visita ao Alondras e tamén terá que seguir pelexando para certificar a permanencia. Na Preferente, a Sarriana […]
A xornada de Terceira deixounos dous empates. O Racing Vilalbés empatou diante do Alondras nun encontro no que gañou ata o último suspiro e o Viveiro igualou en Cantarrana fronte ao Rápido de Bouzas. Na Preferente os dous derbis provinciais tiveron cor local. A Sarriana derrotou na Ribela ao Lemos e a Residencia fixo o […]
Na xornada de Terceira RFEF, o Racing Vilalbés sumou tres importantes puntos diante do Somozas na Madalena, mentres que o Viveiro empatou no Viso fronte ao Arzúa. Na Preferente, a Sarriana gañou no campo do San Tirso e segue con paso firme no liderado, mentres que a Residencia impúxose ao Portomarín no derbi provincial. O […]
Na Terceira RFEF destacamos o importante triunfo do Viveiro en Cantarrana fronte ao Estradense. O Racing Vilalbés sumou un punto na súa visita ao difícil campo da UD Ourense. Na Preferente soamente o Lemos foi quen de acadar os tres puntos, ademáis fíxoo diante dun rival directo como o Sigüeiro. A Residencia empatou na Cheda […]