O Racing suma a cuarta consecutiva e o Viveiro a primeira con Fabri

Duodécimo Trío de Ases Panadería O Cantón da temporada, que nos deixa dúas vitorias lucenses en Terceira RFEF. O Racing Vilalbés venceu ao Alondras na Madelana, cuarto triunfo consecutivo, que achega ao liderado aos de Alberto López. O Viveiro gañoulle ao Barbadás en Cantarrana, na que foi a primeira vitoria da ‘era Fabri‘. O Polvorín […]

A Sarriana vence con claridade no derbi e afianza o liderado

O undécimo Trío de Ases O Cantón tráenos a clara vitoria no derbi provincial da Sarriana fronte ao Viveiro. O Racing Vilalbés consolida o seu posto no play off tras vencer na Grela ao Silva, mentres que o Polvorín non puido sumar na súa visita ao campo do Estradense. Na Preferente, o Lemos voltou á […]

Adri Carrión debutou co dorsal 19 como xogador do Racing Villalbés. O xogador vallisoletano nado en 2002 formouse no Real Valladolid e pasou polo Racing Rioja, o Laredo e o Rayo Majadahonda; equipo do que procede.

O Racing Vilalbés vence ao Estradense e a Sarriana lidera a Terceira RFEF

O novo Trío de Ases O Cantón tráenos o liderado da Sarriana na Terceira RFEF. O conxunto adestrado por Jaime Paz goleou na Ribela ao Barbadás e aproveitou a derrota do Estradense na Madalena diante dun Racing Vilalbés que apreta a zona de privilexio. O Polvorín está ás portas dos postos de play off tras […]

O Ribadeo sorrí á novena tentativa

Tres vitorias dos conxuntos lucenses na Terceira RFEF temos que celebrar neste Trío de Ases O Cantón. Só a Sarriana perdeu na súa visita a un renacido Alondras. O Racing Vilalbés venceu no campo do Gran Peña e o Polvorín fixo o propio no do Somozas. Ámbolos dous tiveron que remontar o tanto inicial do […]

Pol e Escairón fuxen do perigo

O Trío de Ases O Cantón déixanos dúas vitorias para os conxuntos lucenses de Terceira RFEF. Foron as do Polvorín na Cheda diante do Boiro. e a da Sarriana na Ribela fronte ao Silva. Racing Vilalbés e Viveiro caeron como locais fronte a Somozas e Estradense respectivamente. Na Preferente, o Escairón venceu ao Mugardos e […]

A Sarriana sitúase a punto do líder

O Trío de Ases O Cantón tráenos unha sóa vitoria lucense nesta xornada. A da Sarriana no ata de agora infranqueable campo do Estradense, líder da Terceira RFEF. O Racing Vilalbés e o Polvorín igualaron no campo de Boiro e Vilalonga, respectivamente. O Viveiro desaproveitou unha importante vantaxe e caeu na súa visita ao Gran […]

O Pol logra a primeira vitoria da historia na Preferente

O Trío de Ases O Cantón achéganos a un día histórico no Municipal de Pol. O cadro local logrou a primeira vitoria da súa historia na Preferente. Foi no derbi provincial diante dun Ribadeo que segue sen gañar. O Lemos igualou no campo do Val e o Escairón caeu na casa co Lalín. Na Terceira […]

O Viveiro camiña con paso firme na Terceira RFEF

O Trío de Ases O Cantón déixanos ao Viveiro na segunda praza da Terceira RFEF. O cadro mariñán gañou en Cantarrana ao Vilalonga e mantense invicto. Tamén gañou o Polvorín na Cheda ao Arteixo. Colleitaron a primeira derrota do curso a Sarriana e o Racing Vilalbés, ambos como locais, fronte a Boiro e Arousa respectivamente. […]

Sarriana e Viveiro colideran a Terceira RFEF

Chega o segundo Trío de Ases O Cantón da temporada, e faino con outra xornada de bos resultados dos nosos equipos de Terceira RFEF. A Sarriana derrotou con claridade na Ribela ao Valladares e o Viveiro venceu pola mínima en Cantarrana ao Arousa. Racing Vilalbés e Polvorín acadaron sendos empates como locais. Os chairegos diante […]

Un pleno na Terceira RFEF para comezar

Volveu a competición e chega o Trío de Ases Panadería O Cantón. Non puido comezar mellor para os conxuntos lucenses de Terceira RFEF. Un pleno de vitorias, ademáis a domicilio. O Racing Vilalbés goleu ao Betanzos, a Sarriana venceu no campo do todopoderoso Arousa, o Polvorín derrotou ao Barbadás e o Viveiro fixo o propio […]

Jaime Paz: «Non debemos esquecer que o gran obxectivo é a permanencia»

A SD Sarriana afronta a súa segunda temporada en Terceira RFEF e faino coa ilusión de mellorar a pasada. O reto non é sinxelo, xa que, na primeira tentativa os sarriaos lograron clasificarse para o play off de ascenso. Un dos trocos máis salientables está no banquiño. Jorge Cuesta asinou no Bergantiños de Segunda RFEF […]

Diario dun mercado. Episodio 456

Xa entrado o mes de setembro, o mercado segue activo na nosa provincia. Comezamos coa nova fichaxe dunha Sarriana que se está a reforzar moito de cara a nova temporada. O defensor ribadense Vilela chega cedido á Ribela procedente do Fabril, logo de ser unha peza importante no xuvenil deportivista. Tamén chega ao conxunto adestrado […]

Os lucenses de Terceira RFEF estrean a temporada a domicilio

A Terceira RFEF xa ten calendario de cara a temporada 2024/2025. A Federación Galega de Fútbol deu a coñecer o sorteo dunha competición, que ao igual que a pasada campaña contará con dezoito equipos, catro deles lucenses: Racing Vilalbés, Sarriana, Polvorín e Viveiro. O azar quixo que todos eles comecen a competición o día 8 […]

Diario dun mercado. Episodio 439

Pedro e Manu son dúas das novas fichaxes do Oural para a temporada do seu regreso á Primeira Rexional que aparecen recollidas no capítulo 439

Diario dun mercado. Episodio 438

Comezamos un novo episodio do noso Diario coa renovación de Cuadrado na Sarriana. O dianteiro cumprirá a segunda temporada na Ribela e volverá cadrar con Santi Gegunde, con quen compartiu vestiario no Racing Vilalbés. Asier Seijas renova no Atlético Escairón. O monfortino afronta a terceira campaña consecutiva no Municipal e retorna así a Preferente, categoría […]

Diario dun mercado. Episodio 432

Comezamos o novo episodio do noso Diario dun Mercado cun futbolista que traspasa as fronteiras da provincia. Rares Mezdrea, que xa anunciara nos pasados días a súa saída do Racing Vilalbés, seguirá en Segunda RFEF nas filas do Pontevedra. O atacante chairego de orixe rumana, aínda en idade sub-23, acumulaba tres temporadas co primeiro equipo […]

Diario dun mercado. Episodio 429

Abrimos este novo Diario cun futbolista que deixa o noso fútbol. O ferrolán Hugo García, que militou a última temporada no Polvorín, é novo xogador do Rayo Majadahonda, conxunto recén descendido á Segunda RFEF. Na Sarriana seguirá unha temporada máis Brais Prieto. O do Valadouro militará por cuarta temporada no conxunto da Ribela. Tamén renova […]

Diario dun mercado. Episodio 425

Seguimos achegando as últimas novas no mercado do fútbol lucense. Comezamos este Diario falando de Iago Díaz. O extremo lucense non deixa o sur de España e cambia Huelva por Jerez. Militará no Xerez CD, un club histórico que trata de volver medrar en categorías logo de pasar unha década nas divisións máis baixas. O […]