portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 8

Logo dunha longa ponte na que os Máxicos nos deixaron temporalmente orfos de bo fútbol, este domingo volveu a Primeira Galicia aos campos da provincia. Pastoricense 0-1 Burela: o Burela levouse os tres puntos do Acebreiro nun choque igualado, no que os locais mereceron algo máis, pero os visitantes aproveitaron unha opción de Jairo que […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 7

Estreamos patrocinador nesta sección coincidindo coa séptima xornada de competición na Primeira Galicia!!

portada maxicos

Máxicos Primeira. Xornada 6

Pasado o ecuador da primeira volta, os máxicos seguen a facer das súas para axudar aos seus clubes. Outeiro de Rei 0-0 Taboada: empate xusto no Municipal. Tras unha primeira media hora na que os visitantes foron mellores, o Outeiro colleu o ritmo do partido e levou o peso do xogo. No segundo tempo acentuose […]

Diario dun Mercado. Episodio 260

21 de outubro e seguimos publicando novidades que nos chegan desde todos os rincóns da provincia. A escasos días do comezo da Segunda e Terceira Autonómica, moitos clubes ultiman os seus cadros de futbolistas. Na Primeira Galicia, o Portomarín continúa a incorporar a vellos rockeiros de gran nivel, como é agora o caso de Javicho, […]

O retorno máis agardado

84 semanas. Dícese rápido. Pero non pasaron tan rápido. Foron meses moi duros para todos e para todas. Porén, aquí estamos. E hoxe é un día de festa para todos nós, non pode ser doutra forma. Volve a Primeira Galicia aos nosos campos, retorna a competición oficial a moitos recunchos da provincia -os que non […]

Diario dun mercado. Episodio 250

O episodio 250 do noso Diario achéganos as últimas novidades dun mercado que pouco a pouco vai chegando ao seu fin. O Xove Lago asinou a fichaxe de Richard, procedente da SD Viveiro e renovou ao defensa Charly. Tamén continuará un ano máis no San Lázaro o centrocampista Saúl Pérez. O Chantada Atlético confirmou a […]

Diario dun mercado. Episodio 245

O mercado segue sen dar tregua. O Viveiro, según adianta La Voz de Galicia, tería pechada a cesión do dianteiro Sidibe. O xove xogador, de só 19 anos, procede do xuvenil do Zaragoza e fixo a pretemporada co Polvorín, conxunto desde onde chega ao cadro mariñán. Tamén a edición de Lemos de La Voz adiantou […]

Diario dun mercado. Episodio 159

A Primeira anímase nunha edición na que emerxen dous homes importantes na Terceira

Diario dun mercado. Episodio 154

O mercado na nosa provincia continúa no seu punto álxido e sucéndense os movimentos en tódalas categorías. Comezamos polo fútbol feminino. O Carballedo renovou ao seu adestrador Iban Crespo, así como a María Varela, Chusa, e as goleadoras Diana Picos e Laurita que seguirán defendendo ao equipo presidido por Adrián Rodríguez unha temporada máis. No Chantada […]

Diario dun mercado. Episodio 153

Onte houbo unha moreira de novidades no mercado. Porén, os nosos clubes non descansan e as notificacións con fichaxes, renovacións… non deixan de chegar. Hoxe, un novo Diario dun Mercado con sorpresas! Comezamos pola Terceira División, onde seguiremos desfrutando un ano máis de Fernando Cuadrado, que renova o seu compromiso co Racing Villalbés.

Diario dun Mercado. Episodio 151

Esta semana estivo marcada polos movementos do mercado. Renovacións, marchas, retornos e sorpresas levan sendo protagonistas desde fai varios días, e hoxe non será menos. Chega unha nova edición do Diario dun Mercado moi cargadiña, especialmente en canto á Primeira Galicia.

Diario dun mercado. Episodio 146

Apenas tres días sen facer a habitual actualización dos movementos no mercado e as novas acumúlanse. Nesta nova edición do Diario dun Mercado, as novidades aparecen en practicamente todas as categorías.

Diario dun Mercado. Episodio 143

Importantes novas con respecto aos técnicos así como sonadas renovacións e retiradas

Ledicia e pesadume na Segunda Sur

Se ben moitos coñecen a complicada situación da Segunda Galicia Norte, na que Sporting Pontenova e San Ciprián se atopaban empatados a puntos no momento da suspensión das competicións, non é tan coñecido o curioso feito que tivo lugar no Grupo Sur, onde o Portomarín CF arrebatoulle ao Ferreira CF o segundo posto na última […]

As nosas redes falan: edición especial corentena

Foto de portada: Facebook Muimenta SD As competicións levan paradas máis dun mes e medio na provincia. Os obxectivos pasan a un segundo plano. Non hai que anunciar partidos nin dar conta dos goles. Por iso toca reinventarse. Varios equipos lucenses desenvolven estes días nas redes diversas actividades para entreternos neste confinamento. Xa sabedes que […]

A Axenda: O San Lázaro pode encarrilar o ascenso se gaña ao Portomarín

Nunha xornada sen fútbol feminino, deixámosvos os encontros máis salientable do fin de semana na nosa provincia. TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – C.D. Arenteiro (Domingo ás 13 horas na Cheda): os de José Durán precisan dun triunfo para alonxarse da zona de descenso directo, agora mesmo a dous puntos. Enfronte un conxunto con grandes individualidades […]