Diario dun mercado. Episodio 154

O mercado na nosa provincia continúa no seu punto álxido e sucéndense os movimentos en tódalas categorías. Comezamos polo fútbol feminino. O Carballedo renovou ao seu adestrador Iban Crespo, así como a María Varela, Chusa, e as goleadoras Diana Picos e Laurita que seguirán defendendo ao equipo presidido por Adrián Rodríguez unha temporada máis. No Chantada tamén contarán con Sara e Eva un ano máis.

O Viveiro segue a construír o equipo de cara ao seu retorno a Terceira. Según adiantou La Voz de Galicia, o pichichi Gerardo e o gardamallas Manu Cedrón selaron a súa renovación. Desde o Arzúa, pero con pasado recente no Polvorín, Residencia e Sarriana, chega a Cantarrana o zagueiro Édgar. Tamén no Racing Vilalbés están a perfilar o seu cadro de xogadores. Javi Rumbo, Javi Sandá e o focense Moreda seguirán ás ordes de Simón Lamas. Tamén continuará no clube o utilleiro Chelino.

Na Preferente, a Sarriana incorpora ao gardameta Javi Liz, procedente do CD As Pontes, así como a Adrián Armesto, un dos xogadores máis destacados do Lemos nas últimas temporadas. No cadro monfortino causan baixa tamén o gardameta Ramón, que xogará no Fisterra, así como o lateral Borja Castro, que asinará polo Pol de Primeira Autonómica. A Residencia aposta pola continuidade e renova dunha tacada a oito dos seus xogadores: Javi Raposo, Sergio, Adri, Rasilla, Tebi, Arturo, Dani López e Charly. Tamén o Foz, logo de confirmar a Javi Chinchón aos mandos da nave, chegou a un acordo con Dani Chao, CristianRivera para a súa renovación. Ademáis, Yeray e Jorge suben desde os xuvenís.

Armesto será un dos reforzos do novo proxecto da Sarriana

Unha categoría máis abaixo o protagonismo é para os clubes chantadinos. A S.D. Chantada chegou a un acordo con Diego Arias e Foci para a súa renovación. Os veciños do Chantada Atlético tamén renovan ao goleador Adri, así como a Ivi e Iago, e asinan a Caio Fabio que chega ao clube desde o Arzúa. O recén ascendido Portomarín renova a Hugo.

https://www.instagram.com/p/CBjAGBOnlEs/?utm_source=ig_web_copy_link

Na Segunda Autonómica, o Abadín reforza o seu ataque con Diego Vidal e Maikel, ámbolos dous procedentes do Matela. O Celta Barreiros renova ao seu míster Fran Vázquez, que cumplirá a súa terceira temporada no Cascabeiro. Terá ás súas ordes a Aitor López, formado na canteira do C.D. Foz, pero con pasado recente nas filas do Burela Fútbol Sala.

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 407

Deja un comentario