Diario dun Mercado. Episodio 143

Importantes novas con respecto aos técnicos así como sonadas renovacións e retiradas

Semana clave no mercado dos adestradores. Así o demostra o notable movemento nestes últimos días. Comezamos por tres renovacións importantes. Simón Lamas seguirá dirixindo ao Rácing Villalbés. Curioso caso o do técnico chairego, que aínda non puido completar unha temporada enteira como adestrador. Na campaña 18-19 chegou en outono e nesta, a Liga rematou para o Rácing en marzo. Con el renovan o preparador físico Jandro, o adestrador de porteiros Viusky  e a fisioterapeuta Andrea.

Baixando xa á Segunda Galicia, atopamos a dous preparadores consolidados en determinadas vilas. Chura manterase un ano máis á fronte do Brollón mentres que Antón Méndez cumplirá a súa temporada número 14 en Becerreá (entre a base e o primeiro equipo). Ademais, Perry renova co Lemos B. Por outra banda, o Matela cambia de líder no banco. Merino, ex San Lázaro e Páramo, chega con fichaxes a este recén ascendido. Son os seguintes: Noé (Milagrosa, Sagrado Corazón, Corgo), Antón (Santa Comba, Meira), Brais (Relámpago Taboada e San Roque), Roberto (Guntín), Roy (Santa Comba, Meira, Sporting Lucense), Mauricio (Cyclones de Cali e Lugo Unión), Santi e Carlos (categorías inferiores Residencia). No capítulo de baixas o Matela perde a xogadores fundamentais como Vidal, Camiño e Máikel. Así como Trigo e Camacho, que se retiran.

Tamén hai retiradas pola zona Sur. Olano e Cazón deixan o fútbol. Non seguirán nun Ferreira que incorpora a Lucas Froufe. Preto, en Monforte, o Lemos anunciou dúas renovacións: Ivo e Asier Seijas. Así como a do segundo técnico Cordas. Iso da continuidade tamén se leva na outra punta da provincia. O Viveiro mantén aos seus tres capitáns: Xaime, Álex Meitín e Arturo. En próximas datas podería haber baixas importantes por Cantarrana.

Todo o contrario, que no Chao da Poza. O Portomarín, con Fernandito un ano máis o mando, semella estar inmerso nunha operación retorno importante. E que podería convertir aos do carón do Loyo no gran tapado desta nova Primeira Galicia.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 860

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.