A Primeira Autonómica comezará sen derbis

A Primeira Autonómica xa ten calendario para a vindeira temporada, logo de realizarse o sorteo na sede da Federación Galega de Fútbol no día de onte. A campaña 2018-2019 baixará o telón o día 2 de setembro, e farao sen derbis. Ningunha das comarcas da nosa provincia poderá disfrutar dun enfrontamento entre equipos veciños na […]

Diario dun mercado. Episodio 59

Comezamos este novo capítulo do mercado de fichaxes do noso fútbol no sur da provincia. Un dos xogadores máis destacados do Atlético Escairón na temporada que vén de rematar, Borja Castro, deixa o clube do Saviñao para recalar no Club Lemos, que apuntala así cun xogador de garantías a súa parcela defensiva. Seguindo na zona […]

O partido da xornada . . . os descensos na Primeira xóganse en catro campos

Chega a derradeira xornada de competición na Primeira Autonómica. Co peixe vendido na parte alta desde fai un par de xornadas, a atención céntrase na loita pola permanencia nunha categoría que pode ser moi castigada polos arrastres por mor da cascada de descensos de categorías superiores. Sen saber aínda se algún equipo de Terceira acada […]

Os resultados que implican ascensos no último domingo de abril

Resultados última xornada Segunda Galicia (equipos que tiñan opcións de ascender) Burela 4-0 Ourol Pol 4-0 Iberia Folgueiro 6-0 Meira Chantada Atlético 3-0 San Lázaro 6-0 Oural A derradeira xornada do mes de abril resolveu parte das incógnitas nas competicións regulares na Primeira, Segunda e Terceira Rexional. A falta de tres xornadas para que remate […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – C.D. Foz: o veredicto final polo ansiado ascenso a Preferente

Este domingo ás 17:30 horas, a Pinguela acollerá, na xornada 31 de liga, unha auténtica final polo ascenso na Primeira Autonómica. Dous equipos, Lemos e Foz, que ven como o tren do ascenso pasa por gañar este encontro, aínda que ámbolos conxuntos están separados por seis puntos na táboa clasificatoria. Os monfortinos non teñen outra […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – U.D. Xove Lago: os de Sancosmed poñen a proba ao intratable líder

O vetusto campo focense do Martínez Otero acollerá o domingo ás 17 horas un derbi mariñán do máis interesante. C.D. Foz e U.D. Xove Lago, equipos con pasado máis glorioso en categorías superiores pelexan por voltar a unha Preferente na que escasean os equipos da Mariña lucense. Ámbolos dous deron un paso adiante nesta temporada, […]

O partido da xornada . . . Atlético Escairón – C.D. Castro: os chairegos poñen a proba a reacción dos de Charlie

A xornada 27 da Preferente Norte tráenos un derbi provincial con moito en xogo. Será este domingo ás 17 horas no Municipal do Saviñao entre o Atlético Escairón e o C.D. Castro. Con obxectivos distintos na táboa clasificatoria, ámbolos equipos chegan a este partido con estados de ánimos ben diferenciados. O Escairón ocupa o décimoquinto […]

O partido da xornada . . . C.D. Castro – Ribadeo F.C.: tres puntos para engancharse á cabeza

Domingo día 14 ás 16 horas no Arturo Pereiro. C.D. Castro e Ribadeo F.C. desputan o «partido da xornada» no fútbol provincial. Ámbolos conxuntos tan só están separados nun punto na táboa clasificatoria e os dous levan unha traxectoria similar no que vai de temporada. O Castro é quinto clasificado a cinco puntos do Polvorín, […]

Que ver esta fin de semana? (4-5 novembro)

O mes de novembro comeza con forza polos campos da provincia. A primeira cita destacada témola no fútbol base, onde se enfrontan dous dos máximos representantes do fútbol da cidade de Lugo. A Milagrosa defende liderato a domicilio. Tamén defende o primeiro posto o Guitiriz que recibe ao Pol, segundo clasificado. Un punto é a […]

As notas da Segunda e da Terceira nos oitavos da Copa

A Copa Deputación vai entrando no seu tramo decisivo e xa quedaron definidos os cuartos de final que esta fin de semana que se aveciña pelexarán por seguir vivos no torneo. Polo momento quedámonos coas consecuencias da pasada xornada que nos deixou detalles para o recordó. O ás: Recalde do Lourenzá Nun partido tolo, de […]

O Pol rexurde a base de fichaxes

O mercado de inverno volveu traer ilusión ó fútbol de Pol. O conxunto polense tan só perdeu un partido no que levamos de ano ante a Candelaria, o resto saldouno con catro triunfos e dous empates. E que o conxunto da Segunda Galicia grupo norte reforzouse con fichaxes de categoría. Un deles, o de Álvaro Álvarez […]

A polémica en Lugo tamén se saca de contexto

En tres partidos da pasada xornada no fútbol de Lugo a polémica foi a protagonista, para algúns nada novo e para outros ganas de enredar o conto. Unha fin de semana máis ó foco volveu recaer nas actuacións arbitrais. Ás do fútbol de alto nivel traspasan fronteiras, ás do modesto menos, pero tamén teñen a […]