Diario dun mercado. Episodio 59

Comezamos este novo capítulo do mercado de fichaxes do noso fútbol no sur da provincia. Un dos xogadores máis destacados do Atlético Escairón na temporada que vén de rematar, Borja Castro, deixa o clube do Saviñao para recalar no Club Lemos, que apuntala así cun xogador de garantías a súa parcela defensiva.

Borja Castro recala no Lemos co obxectivo de voltar a Preferente

Seguindo na zona Sur detémonos en Chantada, onde Rodrigo seguirá un ano máis como adestrador do filial chantadino. Ademáis, seis xogadores que rematan a súa etapa xuvenil dan o salto ao fútbol afeccionado e terán a oportunidade, alternando o Chantada e o Chantada B. Son Povis, Víctor, Ulloa, Listón, Hugo e Foci.

Se no anterior Diario dun Mercado anunciábamos a saída de Fiz do banco do Ribadeo, hoxe toca a de Roberto Rielo do Pol. Logo de acadalo ascenso a Primeira Autonómica, non seguirá no conxunto chairego.

Pola contra, Anxo seguirá no banco do Folgueiro, que incorpora a Fanego, porteiro que procede do San Ciprián e a Iago, un clásico do fútbol mariñán que retorna ao conxunto do Vicedo, tras xogar tamén no Viveiro e no Foz, entre outros.

O Celta Barreiros refórzase con dous defensas. Álvaro, procedente do Foz, e Antón Moreda, tamén focense que descolga as botas pra unirse ao conxunto do Cascabeiro.

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 497

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.