O Pol rexurde a base de fichaxes

O mercado de inverno volveu traer ilusión ó fútbol de Pol. O conxunto polense tan só perdeu un partido no que levamos de ano ante a Candelaria, o resto saldouno con catro triunfos e dous empates. E que o conxunto da Segunda Galicia grupo norte reforzouse con fichaxes de categoría. Un deles, o de Álvaro Álvarez que no mes de decembro abandonou a disciplina do Castro, equipo de Terceira División. Tamén chegou o equipo de Pol, Óscar Brokenbrow da Residencia de Primeira. Do mesmo equipo veu o dianteiro Javier Coedo. Fichaxes de categoría superior que xa gañaron a titularidade no seu novo club.

Vivian Dors, de xogador a míster

Cando aínda era adestrador da Milagrosa femenino, o francés Vivian Dors fichou polo Pol como xogador, unha peza máis na idea do equipo de reforzar o cadro de persoal de cara o segundo tramo de liga. A semana pasada fíxose oficial a destitución do técnico do país galo no equipo de Frigsa. Ademais de adestrar o equipo sénior feminino do  Dors tamén se encargaba do infantil.

Agora Vivian optar por outro camino: “tenía ficha de jugador con el Pol y me propusieron entrenar al equipo. Sólo entrenar, no jugaré”.  Debutou a semana pasada con triunfo ante un dos conxuntos da zona baixa, o Cospeito ao que lle gañou por 0-1. O Pol atópase agora no mellor momento da temporada, con seis partidos sen perder onde colleitou tres vitorias e tres empates. Dous precisamente contra equipos da zona alta como son o líder Pontenova e o Iberia.

A pesar da boa xeira, o Pol é sétimo clasificado con 32 puntos, a 13 dos postos de promoción de ascenso. O adestrador Vivian Dors di que o obxectivo “es terminar la temporada de la mejor manera posible e intentar preparar el año que viene“. A vindeira cita do Pol será todo un derbi ante o Meira o próximo domingo ás cinco no Manuel Luna. Dors prevé un partido moi pelexado como adoitan ser todos os duelos de rivalidade.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 467

Deja un comentario