#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal

A polémica en Lugo tamén se saca de contexto

En tres partidos da pasada xornada no fútbol de Lugo a polémica foi a protagonista, para algúns nada novo e para outros ganas de enredar o conto.
Unha fin de semana máis ó foco volveu recaer nas actuacións arbitrais. Ás do fútbol de alto nivel traspasan fronteiras, ás do modesto menos, pero tamén teñen a súa influencia. Non é raro, que nos partidos do balompé afeccionado adoite haber comportamentos que excedan o límite, a pasada xornada non foi una excepción. Pero houbo tres en concreto que adquiriron unha maior repercusión, aínda que, quizais, non da maneira axeitada.

Lourenzá 2-2 Pol

En Lourenzá o conxunto local quería recuperar a senda da vitoria para tentar volver engancharse ó tren de cabeza despois de baixar posicións nestes últimos tempos. Cando o resultado xa estaba con 2-2 no marcador, no minuto 86 de partido produciuse a acción que acabou sendo a protagonista. O colexiado expulsou a un xogador do conxunto polense por crer que se trataba da segunda amarela que recibía. O xogador foi expulsado, aínda que, en realidade, só tiña un cartón amarelo.

Dende a SD Pol critican o trato recibido por diversos medios que apuntan a que cando se produciu esa acción, un seareiro do Pol lle lanzou unha botella ó árbitro. Ao parecer ese seareiro enviou a botella contra o chan, sen poñer en ningún momento en perigo a integridade do xuíz da contenda. Despois da acción, o árbitro decidiu suspender o partido e chamou a Garda Civil. Dez minutos máis tarde, o encontro reanudouse e rematou co mesmo resultado de empate.



Pontenova 2-1 Guitiriz

No campo da Mina desputábase un dos mellores partidos que se pode ver na Segunda Galicia. Enfrontábanse os dous equipos que encabezan a clasificación no grupo norte con tan só un punto de diferenza (antes do partido). Durante o transcurso do partido houbo algunha que outra acción polémica pero nada fóra do habitual. O máis destacado produciuse o final cando co resultado de 1-1, o Pontenova anotou nunha acción dubidosa, e na última xogada do choque cando un defensa do conxunto local evitou coa man que o balón entrase na súa portería. Xusto nese momento o colexiado pitou o final do encontro. E aí cando se produce o que estes días se puido ver en formato vídeo polas distintas redes socias. Os xogadores do Guitiriz reaccionan ao unísono recriminando a xogada e o árbitro decide botar a correr e marcharse cara o vestiario.

As consecuencias foron que seis xogadores do Guitiriz foron sancionados (catro futbolistas con dous partidos e dous con un encontro sen poder competir). Dende o Guitiriz recoñecen que despois do encontro o capitán do equipo foi pedirlle desculpas ao árbitro e séntense molestos por como foron tratados esta semana por algúns medios que os califican de agresivos cando en ningún momento se produce violencia no campo. Antes do encontro do próximo domingo na casa ante o Cospeito no Suso Cruz teñen pensado reivindicar dalgún xeito que non son violentos.



San Román 0-3 Celeiro

O San Román decidiu retirarse do seu encontro arredor do minuto 75 de partido despois de que o árbitro expulsara ao seu único porteiro na convocatoria, Álvaro Labayén. Daquela o resultado do choque era San Román 1-1 Celeiro. Dende o conxunto de Cervo din que xa son varias as veces se senten mal arbitrados nos econtros, por iso decidiron abandonar o campo.

Coa sanción do comité implica que o partido queda gañado polo Celeiro por 0-3. Ademais o San Román é sancionado con tres puntos menos (os que tiña actualmente na clasificación) e queda agora con cero. A maiores deberá pagar unha multa. 

Accións e feitos dos que se veñen falando toda a semana no fútbol da provincia, aínda que poida ser que non fose para tanto. O importante é a integridade e o respecto mostrado polas partes despois deses momentos de tensión. O fútbol sempre debe ser o máis importante, por iso mañá arrinca unha nova xornada.

 

A polémica en Lugo tamén se saca de contexto

As notas da Segunda e da Terceira

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *