Jaime Paz: «Non debemos esquecer que o gran obxectivo é a permanencia»

A SD Sarriana afronta a súa segunda temporada en Terceira RFEF e faino coa ilusión de mellorar a pasada. O reto non é sinxelo, xa que, na primeira tentativa os sarriaos lograron clasificarse para o play off de ascenso. Un dos trocos máis salientables está no banquiño. Jorge Cuesta asinou no Bergantiños de Segunda RFEF […]

Residencia e Ribadeo festexan a permanencia e o Foz descende a Primeira

Xornada con moita tensión a última da Preferente. Na fase de ascenso o peixe xa estaba vendido. A Sarriana despediu a temporada cun triunfo diante da súa xente fronte ao Paiosaco mentres que na Pinguela o encontro entre o Lemos e o Sigüeiro tivo que suspenderse por mor da intensa choiva que caeu en Monforte. […]

Residencia vs Ribadeo, 2021

O partido da xornada . . . Residencia, Ribadeo e Foz: tres equipos, un mesmo obxectivo

A competición na Preferente deixounos reservadas fortes emocións para a xornada final. Con todo o peixe vendido no grupo de ascenso, o interés céntrase na pelexa pola permanencia. O descenso do Arousa, que empurrou ao Noia desde a Terceira, unido á xa sabida perda de categoría do Sofán, fixo que saltara á palestra a terrible […]

O partido da xornada . . . San Roque – San Lázaro: tres puntos e unha carambola para salvar a categoría

Penúltima xornada na pelexa pola permanencia en Primeira. O descenso desde Segunda RFEF do Arousa, provocou unha cascada de arrastres nas demáis categorías que complica moito a situación de moitos conxuntos na nosa provincia. É o caso de dous conxuntos da capital. San Roque e San Lázaro enfróntanse este domingo ás 16:30 horas no Polvorín […]

O partido da xornada . . . Polvorín – Viveiro: o ascenso e a permanencia en xogo no derbi

A derradeira xornada de Terceira non pode chegar con máis emoción. O devir da competición quixo agasallarnos cun derbi provincial no que se decidirá o futuro inmediato dos dous conxuntos. O Polvorín e o Viveiro enfrontaranse o domingo ás 18 horas no Municipal de Pol co ascenso e a permanencia en xogo. Arbitrará o colexiado […]

iGUALDADE NA ESTREA DA 2ª FASE E CONTUNDENTE VITORIA DA CANDELARIA

A Segunda Rexional iniciou o segundo tramo de competición na zona norte. Ademais de comezar a súa liga no sur un dos grupos da permanencia (o que se compón de cinco equipos). Na fase polo ascenso da zona norte, salientou a vitora do Cospeito ante o Celta Barreiros. O cadro vermello iguala a puntos na […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Ribadeo – Betanzos: último chanzo para acadar a permanencia pola vía rápida

Derradeira xornada da primeira fase na Preferente. Dos sete representantes lucenses, dous (Sarriana e Lemos) pelexarán polo ascenso a Terceira, mentres que Residencia, Santaballés, Foz e Escairón loitarán por manter a categoría. Toda a emoción estará no Pepe Barrera, onde o domingo ás 17 horas o Ribadeo tentará acadar diante do Betanzos unha vitoria que […]

Cinco dos sete lucenses de Preferente terían que xogar a fase de permanencia

Xa comezada a segunda volta na Preferente analizamos a situación dos sete conxuntos lucenses da categoría. Aínda que un dos nosos, a Sarriana, ocupa o liderato o rendimento conxunto non é satisfactorio con cinco equipos en postos de promoción de permanencia, varios deles cunha puntuación moi baixa pensando na segunda fase do campionato. Pouco que […]