Dani Fuenteseca

Diario dun mercado. Episodio 231.

Varios foron os clubs que nas últimas horas fantasearon con que Messi vestira as súas cores. Non estaría mal que o astro arxentino coñecera os maravillosos campos da nosa provincia, pero nesta nova edición do Diario dun Mercado non podemos asegurar que iso ocorra, polo que vos achegamos os últimos movimentos xa confirmados. O Peluquería […]

Santi Real

Diario dun mercado. Episodio 229

Chega un novo capítulo do máis variopinto. Con altas, baixas e equipos en cadro

Diario dun mercado. Episodio 226

Segue o movimento no fútbol lucense con numerosas renovacións e xa con datas dos primeiros amigables de pretemporada. Comezamos con dous lucenses que xogarán fóra da nosa provincia. David López, canteirán do Racing Vilalbés, conxunto no que militou en Terceira División no seu primeiro ano sénior, asinou como novo xogador do Betanzos, equipo da Preferente. […]

Diario dun mercado. Episodio 223.

É fin de semana, pero os movimentos no noso fútbol non paran. A Sarriana renovou a Iván Parapar, que xunto a Javi Liz serán os encargados de defender a portería da Ribela. Tamén renovou no conxunto que adestrará Edu Rodríguez, o xuvenil Raúl. A Residencia fichou a Borja Rasilla, un vello coñecido da Cheda que […]

Diario dun mercado. Episodio 221

Sucédense os movimentos no noso fútbol. Traémosvos os máis destacados das últimas horas. Comezamos na Segunda RFEF. Pablo Cacharrón, gardameta lucense formado na base do CD Lugo que o último ano xogou no Tarazona, xogará no Pontevedra a vindeira campaña. Tamén xogará na mesma categoría Javi Sandá. O xogador coruñés, que militou as últimas temporadas […]

Marzán

Diario dun mercado. Episodio 212.

Prosegue o mercado no fútbol lucense e faino co movimento de xogadores de renome dentro da nosa provincia. A falta de confirmación oficial, Javi Rey será novo xogador do Racing Vilalbés. Logo dunha excelente temporada nas filas do Viveiro, onde se convertiu en peza fundamental para a consecución da permanencia en Terceira, o xogador lucense […]

Diario dun mercado. Episodio 193

un Co comezo das competicións máis preto, ou iso agardamos todos, os movimentos no mercado do fútbol lucense comezan a minguar. Malia todo, e coma sempre, traemos as novidades dos nosos clubes. O Polvorín cedeu a Matías Vesprini á S.D. Compostela. O central, que tamén pode actuar no perfil esquerdo da defensa, foi un habitual […]

Diario dun mercado. Episodio 190

Chega unha nova edición do Diario dun Mercado e comeza cun interesante movimento do Viveiro. O equipo adestrado por Chusky acadou a fichaxe de Aitor Moreda, que chega procedente do Racing Vilalbés. O focense foi un xogador importante na punta de ataque do equipo chairego na última temporada. Precisamente nas categorías inferiores do Viveiro pescou […]

Diario dun mercado. Episodio 186

Os equipos lucenses da Terceira xa coñecen a proposta da Real Federación Galega de Fútbol sobre a división da categoría. A idea sería crear dous subgrupos seguindo criterios xeográficos. Se finalmente se leva a cabo, o Racing Vilalbés, o Polvorín e o Viveiro competirían xuntos. Á espera de como se aplicará definitivamente este criterio, os […]

Diario dun Mercado. Episodio 180

Comezamos esta nova entrega do Diario dun Mercado falando de adestradores. O C.D. Lugo non conta con José Durán para o banquiño do Polvorín, e o lucense finaliza así unha etapa na que acadou o desexado ascenso a Terceira, así como dúas permanencias na categoría nacional. Pablo Álvarez, ex xogador do C.D. Lugo e adestrador […]

Diario dun mercado. Episodio 177

Na segunda quincena de xullo xa case sería tempo de iniciar a pretemporada nalgúns dos clubs da provincia. A falta de almanaques que programen o camiño, os clubs continúan preparándose para o que poda vir. Na Primeira Rexional, o Burela comunicou que Luis Salgueiro “Luchi” acompañará a Pepete na dirección do equipo. Pola súa banda, […]

Diario dun mercado. Episodio 174

Neste verán futbolísticamente atípico, e no que a competición aínda non ten data marcada para o seu retorno, os clubes lucenses seguen a moverse no mercado. O C.D. Foz fichou ao gardameta Rubén, que chega procedente do Viveiro. O xove xogador do Valadouro xa deu mostras das súas cualidades esta temporada na Preferente. Ademáis, presentou […]

Diario dun Mercado. Episodio 150.

O mercado segue sen dar tregua. Logo da sáida de Álex Pérez do Racing Vilalbés, o clube chairego anunciou que Diego Rey tampouco continuará ás ordes de Simón Lamas. A Sarriana é o destino máis probable do extremo lucense. Alí non coincidirá con Dani Montes. O central convertirase en xogador do Viveiro nas próximas horas […]

A Axenda: O partidazo da Madalena abre unha nova xornada ligueira

Ademais do derbi mariñán de Preferente, esta xornada tráenos encontros máis que interesantes, de novo con tódalas categorías en liza despois do parón polo festivo do primeiro de novembro. Terceira División – Racing Vilalbés – S.D. Compostela (Sábado ás 16:15 horas na Madalena): o cadro chairego logo de catro xornadas sen coñecela derrota, recibe a […]