Dani Fuenteseca

Diario dun mercado. Episodio 231.

Varios foron os clubs que nas últimas horas fantasearon con que Messi vestira as súas cores. Non estaría mal que o astro arxentino coñecera os maravillosos campos da nosa provincia, pero nesta nova edición do Diario dun Mercado non podemos asegurar que iso ocorra, polo que vos achegamos os últimos movimentos xa confirmados.

O Peluquería Mixta Friol comeza a perfilar o seu cadro de xogadoras logo do descenso a Primeira Nacional. Blanca Cros, procedente do Girona, reforzará o ataque do equipo presidido por Geluco Villar.

Quen non estará no noso fútbol a vindeira campaña será Antón Quindimil. O defensor coruñés que foi peza clave do Polvorín e chegou a debutar co C.D. Lugo en Segunda División xogará no filial do Tenerife. A Sarriana, que será un dos serios candidatos ao ascenso a Terceira, fichou a Pancho, talentoso xogador formado na canteira do R.C. Deportivo e que a última temporada militou no Atlético Coruña Montañeros.

Moitas novidades no Guntin. Chega ao Ladairo o dianteiro Daniel Fuenteseca “Debasa“, procedente do Paradela, así como Sergio que chega do Santa Comba e Jorge, xove xogador, ex do Castro e do xuvenil do C.D. Lugo. Logo dunha temporada na Residencia, onde foi un fixo no centro da defensa, Diego retorna ao Guntín.

O Riotorto asinou as incorporacións de Yoel, que chega desde o Sporting Lucense e de Dani López, que xogou a última temporada no Ribadeo e anteriormente no Friol. Samuel e Manu Roca renovan no conxunto de A Veiga. O San Lázaro, que xa confirmara a continuidade de Diego Rey no banquiño, terá a Alex Cortón como segundo adestrador.

O Palas renovou a Óscar e Ángel. No fútbol base a Piringalla confirmou os seus adestradores: Marcos adestrará ao xuvenil A, David Teijeiro ao xuvenil B, Juan ao cadete A, Alexander ao cadete B, Juan ao infantil A e David Pereira ao infantil B.

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 408

Deja un comentario