O anecdotario: «Cando lle pitamos ao radar», por Brais Prieto

Unha viaxe sen desperdicio, un adestramento para recordar... ou olvidar

Historias teño moitas, isto é o mellor do fútbol. Algunhas non valen para contar. Pero eu creo que esta de hai dous meses si.

Era un día de sol, iamos no coche cara Arzúa. Collimos a autovía desde Lugo. A que vai de Palas a Nadela. E iamos tarde, sempre chego tarde. Polo que iamos por enriba do permitido…

De súpeto, vimos un coche. Frenei e berrei: «Mira onde se poñen os cabróns estes e tal».

Falsa alarma. Seguimos e chegando ao final da autovía vimos outro coche que estaba nunha das saídas da autovía que están pechadas.

Brais conduce o balón co Arzúa

Pasamos daquel coche, un pouco de cachondeo a verdade. Xa que ata lle pitamos e todo. Comigo viña Álex Vázquez de copiloto. Xirouse para atrás e dixo: «Oiches, era a Guardia Civil».

Temimos o peor. Seguimos a nosa viaxe e, onde acaba a autovía saímos. Alí estaba unha patrulla parando. E nós alí ante eles coa música a tope, sonando algo de reggaeton. Baixamos a ventá, xa pensando no peor despois do que pasara quilómetros atrás.

Falou o axente:

«Parámosvos xa que vos acaba de pillar o radar. Por favor poña o carné no salpicadero (nova medida co do COVID).

Eu xa estaba nervoso. Púxeno alí. Volveu falar o garda:

«Perdone, díxenlle carné de conducir. Acábame de dar a tarxeta de crédito«.

Os compañeiros partíndose. Eu nervosísimo. Saqueino, agora ben. Aínda que parecía que quería sobornar ao axente. Despois diso pillounos os datos e entregounos a correspondente receita.

Chegamos ao adestramento e foi un auténtico cachondeo por parte de todos. Xogadores e corpo técnico… Foi a historia do día, a historia do día na que lle pitamos ao radar.

Brais Prieto Cobas. Centrocampista do Arzúa. Un do Valadouro que reparte fútbol na terra do Queixo 

Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 273

Deja un comentario