Diario dun mercado. Episodio 193

un

Co comezo das competicións máis preto, ou iso agardamos todos, os movimentos no mercado do fútbol lucense comezan a minguar. Malia todo, e coma sempre, traemos as novidades dos nosos clubes.

O Polvorín cedeu a Matías Vesprini á S.D. Compostela. O central, que tamén pode actuar no perfil esquerdo da defensa, foi un habitual do primeiro equipo na pretempada e busca minutos de calidade ás ordes de Yago Iglesias na Segunda División B.

O Viveiro asinou a Facu. O extremo arxentino militou  dúas temporadas no filial do C.D. Lugo, pero na última campaña retornou ás Illas Canarias para xogar nas filas do Buzanada. Reforzo máis que interesante para o conxunto adestrado por Chusky.

O Alfoz, que afronta a temporada en Primeira Autonómica logo de dous ascensos consecutivos renovou a Joni e tamén ao segundo adestrador Paco, que seguirá a carón de Suso Martínez un ano máis.

Un chanzo máis abaixo, o Palas renovou ao seu capitán Chorén, mentres que o Antas asinou a Noel e garantiu a continuidade de Álex Rei.

https://www.instagram.com/p/CE4en24BiRw/?utm_source=ig_web_copy_link

O Nuevo Nausti terá dous adestradores no que será a segunda campaña de historia do clube chairego logo da súa refundación. Serán Óscar Jaime Fernández e Juan Carlos Bueno. Estarán ás súas ordes Junior Damián Esteche, un extremo que procede do Corgo e Alejandro Rus, dianteiro.

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 408

Deja un comentario