Diario dun mercado. Episodio 226

Segue o movimento no fútbol lucense con numerosas renovacións e xa con datas dos primeiros amigables de pretemporada.

Comezamos con dous lucenses que xogarán fóra da nosa provincia. David López, canteirán do Racing Vilalbés, conxunto no que militou en Terceira División no seu primeiro ano sénior, asinou como novo xogador do Betanzos, equipo da Preferente. O gardameta monfortino Ramón será novo porteiro da UD Ourense. Formado na canteira do RC Deportivo, conta cunha gran experiencia malia a súa xuventude. A última temporada xogou no Dubra e con anterioridade no Fisterra, Arteixo, Somozas ou Montañeros, e tamén unha temporada no Lemos.

O Santaballés renovou aos seus dous gardametas. Adrián, que cumprirá a súa oitava temporada no equipo, e Ivo que xogará a quinta campaña consecutiva no cadro chairego, serán os encargados de defender a portería do conxunto dirixido por Juan Rodríguez. Tamén renovaron os defensas Nito, Neska e Jandro, así como o atacante Novás. No Atlético Escairón asinaron a renovación dous dos seus capitáns: Aitor e Rubén Cidre.

Renovacións importantes na Ribela. A Sarriana garantiu a continuidade de dous puntais como son o goleador Omar e o lateral esquerdo Álex Pérez. Arias, Vilar e Goyanes, que o ano pasado xogaron no equipo xuvenil farán a pretemporada co primeiro equipo ao igual que o farán Fabián, Tourón e Abella, futbolistas formados nas categorías inferiores da Sarriana, pero que proceden do Racing Vilalbés xuvenil.

O San Lázaro fichou a Martuno, xoven dianteiro formado na base do E.F. Polvorín e do Racing Vilalbés, que a última campaña militou no Betanzos, conxunto no que non gozou de demasiadas oportunidades. No Palas seguirán un curso máis Caño e Porto.

AMIGABLES DE PRETEMPORADA

O Club Lemos anunciou os seguintes amigables:

15 de agosto (Torneo das Festas): Lemos – Escairón.

22 de agosto: Racing Vilalbés – Lemos, na Madalena.

29 de agosto: Lemos – Polvorín, na Pinguela.

5 de setembro: Lemos – Chantada, na Pinguela.

11 de setembro: Lemos – Verín, na Pinguela.

19 de setembro: Lemos – UD Ourense, na Pinguela. Este encontro disputarase unicamente se a competición da comezo o día 26 de setembro.

Nota: o 18 de agosto: partido na Pinguela entre Fabril e Ourense CF, en memoria do ex presidente lemista Manolo Ferreiro.

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 405

Deja un comentario