Diario dun mercado. Episodio 221

Sucédense os movimentos no noso fútbol. Traémosvos os máis destacados das últimas horas.

Comezamos na Segunda RFEF. Pablo Cacharrón, gardameta lucense formado na base do CD Lugo que o último ano xogou no Tarazona, xogará no Pontevedra a vindeira campaña. Tamén xogará na mesma categoría Javi Sandá. O xogador coruñés, que militou as últimas temporadas no Racing Vilalbés amosará a súa clase nas filas do Coruxo.

Según adianta La Voz de Galicia na súa edición Lemos, a monfortina María Carballada xogará no Deportivo B, conxunto co que xa adestrou o ano pasado, malia a rematar xogando ao fútbol sala no Ourense Envialia. No filial deportivista coincidirá coa guitiricense María Calvo. Sen saír do fútbol feminino, o Carballedo renovou a Ainhoa, Diana, Sara e Laura.

Xa na Preferente, a Sarriana protagonizou a sorpresa do día ao asinar como novo xogadro a Mitogo. O dianteiro, de orixe guineano, procede do As Pontes onde realizou unha gran temporada en Terceira, categoría na que ten experiencia en conxuntos da talla do Unionistas, Compostela, Somozas ou Barco entre outros. Tamén xogou en Segunda B nas filas da Ponferradina e Teruel. O Foz fíxose cos servizos de Raúl e Manuel Penedo «Manupa«, ámbolos dous procedentes da UD Pastoricense.

O Lemos segue coa renovación da súa columna vertebral. Os gardametas Arturo e Losada e os xogadores de campo Ivo, Asier, Dani Arias, Rubén Díaz continuarán no conxunto monfortino ás ordes de Alberto López.

No Burela xogará o canteirán Brais Penelo, que unha vez rematada a súa etapa de formación pasará a formar parte do primeiro equipo. O Chantada garantiu a continuidade na portería do Sangoñedo de Álex Porto.

O Sporting Pontenova presentou a Pelayo Paraje, que se incorpora ao corpo técnico capitaneado por Andrés Bouza, logo do seu paso polo Real Tapia. O cadro pontenovés fichou a Anxo Entenza, xogador que procede do Alertanavia vigués e recupera a Adrián Pasarín, que afrontará unha nova etapa na Mina. Diego, Villi, Juan, Fran Fiallega, Álex, Cristian, Iván, David, Fran e Borja confirmaron a súa continuidade no Sporting. O Palas renovou a Julián, un dos capitáns do cadro celeste.

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 425

Deja un comentario