O partido da xornada . . . Racing Vilalbés – S.D. Fisterra: tres puntos pra asentarse na zona de privilexio

O que fai uns meses non sería noticia, hoxe debemos celebralo. Os nosos tres representantes lucenses poden disputar este fin de semana os seus encontros ligueiros. Sen ir máis lonxe, a pasada xornada o Viveiro e o Polvorín viron adiados os enfrontamentos con Silva e Bergantiños, respectivamente. Detémonos no encontro do Racing Vilalbés. O cadro […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – U.D. Somozas: o liderato en xogo en Cantarrana

Chega a cuarta xornada da Terceira División e faino cun máis que interesante encontro entre os dous primeiros clasificados do grupo A. Viveiro e Somozas cítanse ás 12 da mañá do domingo en Cantarrana co liderato en xogo. O encontro será dirixido pola viguesa Elena Casal Fernández. Con seis puntos na clasificación, o Viveiro ocupa […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – Vista Alegre Estudiantil: catorce anos despois volve a Terceira a Cantarrana

Un 21 de maio de 2006 diante do Cerceda foi o último día que se xogou un partido de Terceira en Cantarrana. Catorce anos e medio tiveron que pasar pasar para que Viveiro volva a disfrutar dun encontro de Terceira División, moitos para un pobo acostumado históricamente a disfrutar en categoría nacional. Por fin, este […]

O partido da xornada . . . S.D.C. San Roque – E.D. Lourenzá: a permanencia en xogo no Polvorín

Si existe emoción na pelexa polo ascenso na Primeira Autonómica, a situación na zona baixa non está menos interesante. Este domingo ás 16:30 horas no Polvorín o San Roque e o Lourenzá, dous dos implicados na loita pola permanencia veranse as caras nun encontro con sabor a final. Arbitrará o colexiado José Luis López Rodríguez. […]

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Atlético Escairón: a fortaleza do líder, a proba no Sangoñedo

A vixésimocuarta xornada ligueira na Primeira Autonómica achéganos un encontro de rivalidade entre dous conxuntos veciños. Chantada e Atlético Escairón mediranse este domingo ás 17 horas no Sangoñedo, co arbitraxe de David Pérez Rodríguez nun encontro que pode marcar a pelexa polo ascenso a Preferente. A S.D. Chantada ocupa a cuarta praza na clasificación a […]

O partido da xornada . . . Sporting Pontenova – S.D.C. Cabreiros: o mellor visitante pon a proba a fortaleza da Mina

A xornada 19 tráenos, no grupo Norte da Segunda Autonómica, un encontro entre dous aspirantes ao ascenso. Será o domingo ás 16:15 horas no campo da Mina e enfrontará ao Sporting Pontenova e ao Cabreiros, baixo a dirección do colexiado Iván Prado López. O cadro local é quinto clasificado a catro puntos da segunda praza […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – Viveiro C.F.: o líder rinde visita á Pinguela

Dous históricos do fútbol na nosa provincia veranse as caras este domingo ás 16:30 horas na Pinguela. Lemos e Viveiro, un que voltou á Preferente pra quedarse e outro que pretende subir un chanzo máis. Dúas realidades distintas cítanse nun dos mellores encontros que se pode ver na xeografía lucense, baixo a dirección do colexiado […]

O partido da xornada… SD Sarriana-CD Foz: derbi para recuperarse

A Sarriana e o Foz mídense este domingo ás 16:30 na Ribela no que será o primeiro derbi lucense da segunda volta na Preferente Norte. A el, os equipos chegan en situacións e con ambicións distintas, pero ambos veñen dunha xeira de resultados negativa que tratan de cortar cunha victoria.

O partido da xornada . . . Iberia C.F. – Celta Barreiros: o retorno dun derbi moi agardado

Xa pasou moito tempo desde o último enfrontamento, tanto que incluso moitos dos seareiros de ámbolos clubes nin se lembran do último. Máis de oito anos sen que o Iberia e o Celta Barreiros se vexan as caras nun encontro ligueiro, pero este sábado ás 16:15 horas enfrontaranse de novo coas Valgas como esceario. O […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – Viveiro C.F.: derbi de altura nas Valgas

Chega o derbi mariñán máis repetido nos últimos anos en Preferente. O Ribadeo e o Viveiro veranse as caras este domingo ás 16 horas nas Valgas (San Miguel de Reinante), un dos campos máis utilizados polo conxunto ribadense mentres dura a posta a punto do Pepe Barrera. Desde a temporada 2013/2014, temporada na que o […]

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – S.D. Monterroso: os de Óscar Méndez poñen a proba a imbatibilidade do Sangoñedo

Neste fin de semana de ponte festiva, no que xa se atisba moi de preto o Nadal, a Primeira Autonómica non descansa, e é a única categoría do noso fútbol masculino que disputa unha nova xornada ligueira. Un dos encontros máis sobranceiros da decimocuarta xornada é o que enfrontará a Chantada e Monterroso no Sangoñedo, […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – S.D. Sarriana: un derbi para rachar dinámicas

Pouco máis de trinta kilómetros separan as dúas vilas, que este domingo ás 16 horas na Pinguela se xuntarán cun balón de por medio. Lemos e Sarriana veranse as caras nun derbi ao que chegan os dous conxuntos logo de caer derrotados nas dúas últimas xornadas. Malia iso, e a pesar do que di a […]

O partido da xornada: S.D. Burela – S.D. Pol: tres puntos para achegarse á cabeza

O domingo ás 16:15 horas a Marosa acollerá un encontro entre dous conxuntos que miran de reollo os postos de cabeza. O Burela recibe ao Pol, con tres puntos en xogo que serán claves para achegarse a unha zona cabeceira que, como xa é habitual na Primeira Autonómica, goza de gran igualdade, a excepción dun […]