O partido da xornada . . . Racing Vilalbés – S.D. Fisterra: tres puntos pra asentarse na zona de privilexio

O que fai uns meses non sería noticia, hoxe debemos celebralo. Os nosos tres representantes lucenses poden disputar este fin de semana os seus encontros ligueiros. Sen ir máis lonxe, a pasada xornada o Viveiro e o Polvorín viron adiados os enfrontamentos con Silva e Bergantiños, respectivamente.

Detémonos no encontro do Racing Vilalbés. O cadro chairego recibe o domingo ás 16 horas na Madalena ao Fisterra, co arbitraxe do colexiado ourensán Rubén Pérez Martínez, na procura de tres puntos que o sitúen, definitivamente, nos postos de privilexio do grupo A de Terceira.

Nun grupo no que impera a máxima igualdade, coa salvedade do Somozas que é líder con cinco puntos de diferencia, o resto de equipos están moi preto entres sí na clasificación, aínda que é importante reseñar que só catro conxuntos (Paiosaco, As Pontes, Fabril e Somozas) disputaron tódolos encontros sen verse na obriga de adiar ningún. Con esta perspectiva, cada encontro é unha final para calquer equipo, e unha vitoria ou unha derrota achégate ou alónxate dun ou outro obxectivo.

O capitán López é un fixo no lateral dereito do Racing Vilalbés

O Racing Vilalbés, despois do importante triunfo da pasada xornada en Vista Alegre diante do Estudiantil, situouse cuarto na clasificación a tan só un punto do Fabril e a tres do Bergantiños, equipos que se enfrontan entre este domingo. Os de Simón Lamas tentarán facerse fortes na Madalena, onde non perden desde o pasado mes de novembro cando caeron derrotados ante o equipo hoxe adestrado por Lemos.

O Fisterra foi unha das grandes sensacións da pasada temporada na Preferente e gañouse o dereito a voltar, moitos anos despois, á Terceira. O equipo adestrado polo ex deportivista Jaime vende cara a súa pel en cada encontro.  A pesar de gañar tan só un dos cinco disputados, o que o enfrontou co Paiosaco, os fisterráns caeron pola mínima ante Viveiro e Somozas e acadaron un punto no campo do Silva, así como no Ara Solis co Arzúa, o que amosa a dificultade para superalos en cada encontro.

Falamos do encontro con dous dos referentes ofensivos de ámbolos equipos: Fernando Cuadrado (Racing Vilalbés) e o ex racinguista Juan de Dora (S.D. Fisterra), que logo de varios encontros de ausencia volverá a vestirse de curto na Madalena.

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

CUADRADO (RACING VILALBÉS)

Cuadrado, coa camisola do Polvorín enfrontándose ao seu actual equipo

 – A importancia da clasificación. «A verdade é que estar na zona alta da clasificación a estas alturas é algo que reforza moito a moral do equipo. Neste ano tan atípico, a regularidade tanto fóra como na casa, así como sumar puntos o antes posible é bo para os ánimos do equipo e pódense afrontar os partidos con máis calma«.

– O Fisterra. «Creo que será un partido moi disputado, ao igual que todos os da categoría. Agardo un rival duro que virá a polos tres puntos, sen dúbida. Pero tamén agardo un Racing forte na nosa casa, coas cousas claras e con ganas de seguir sumando de tres en tres na Madalena«.

– A competencia no ataque. «Eu penso que toda a competencia é boa e sirve para mellorar. E máis se cabe se con quen compite é con grandes xogadores como Dani Pedrosa ou Santi Gegunde. Estou moi contento co meu rendemento e co que estou aportando ao equipo e agardo seguir demostrándoo ata final de temporada«.

JUAN DE DORA (S.D. FISTERRA)

Foto: Facebook SD Fisterra

 – A súa etapa Racing Vilalbés. «Foi o meu primeiro ano en Terceira. Sempre me lembrarei que foi o equipo que me deu a oportunidade de xogar nunha categoría tan bonita como é esta. Estarei agradecido de por vida«.

– O encontro na Madalena. «Creo que vai ser un partido de alta intensidade e moi disputado. Do rival o que máis me preocupa son os seus contragolpes. Debemos estar moi concentrados porque se nón pagarémolo moi caro«.

– A temporada do Fisterra. «A verdade é que estamos facendo as cousas ben para ser novos na categoría, pero aínda queda moito que remar. Isto non fixo máis que comezar e temos que seguir traballando duro como ata o de agora. Se nalgún momento baixamos os brazos será moi difícil acadar a permanencia«.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 513

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.