O partido da xornada . . . P.M. Friol – Racing Féminas: da comezo o segundo proxecto na Reto Iberdrola

Se a pasada fin de semana volveu a rodar o balón na nosa provincia co fútbol de Terceira, este domingo ás 12 da mañá na Reigosa o Peluquería Mixta Friol bota a andar na súa segunda temporada na Reto Iberdrola. Nen máis nen menos que na Segunda División do fútbol feminino nacional. O seu rival será o Racing Féminas.

Ao igual que a pasada campaña, o reto do conxunto lucense é maiúsculo. Co obxectivo inequívoco da permanencia, a experiencia do último ano nunha categoría tan esixente debe servir de estímulo. Aínda que na data que rematou a competición por mor da pandemia da Covid-19, o P. M. Friol estaba fóra de descenso, as sensacións non eran as mellores.

Foto: Carlos Maira

Agora, coa chegada de Abraham García ao banquiño, un adestrador de ampla experiencia no fútbol feminino, o cadro friolés tentará dar un paso cara adiante e, coa mente posta na salvación, non renunciar a un posto máis decoroso. O técnico gaditano adestrou a pasada temporada ao U.D. Tacuense, conxunto canario do grupo sur da Reto Iberdrola.

O esceario será distinto. A situación sanitaria provocou que o grupo norte se dividise en dous subgrupos, quedando o Peluquería Mixta Friol encadrado no A con outros sete conxuntos, por proximidade xeográfica. A esixencia será máxima nunha competición moi curta e na que os catro primeiros competirán polo ascenso e os catro últimos pola permanencia.

Para este encontro da primeira xornada non será da partida a nosa protagonista: a lucense Marta.

QUE OPINA A PROTAGONISTA?

Marta, no AllStar Futbolinlugo do 2019 na Marosa

 – O ano da consolidación. «A primeira temporada foi máis unha toma de contacto, moi importante para gañar experiencia. E agora toca demostrar  do que somos capaces e disfrutar facendo o que máis nos gusta».

O novo míster. «Como tódalas adaptacións, ao comezo sempre costa entender a súa filosofía. Pero é cuestión de traballar todos xuntos para pulir os aspectos máis importantes«.

O Racing. «Imaxino que será un encontro complicado ao igual que o resto desta categoría. Confío no equipo e creo que quedarán na Reigosa os tres puntos«.

Friol na élite. «Para min é algo especial. É moi bonito poder gozar desta categoría e poder competir contra equipos e xogadoras de gran nivel«.

Foto de portada: www.pmfriol.com

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 500

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.