O Chantada gaña o derbi, con goleada e liderato

O Chantada reforzou o seu liderado cun contundente triunfo ante o PM Friol B, nunha xornada na que o primeiro equipo friolés e o Antas tampouco cederon terreo nas súas ligas. A Comercial asinou a outra vitoria lucense tras remontar no campo do Resmón, mentres a Milagrosa, o Antas B e o Monte Forte quedaron […]

O Antas segue intratable e a Milagrosa colleita a primeira vitoria

O Antas continua de doce cun inicio de tempada perfecto que se perpetúa unha xornada máis, tras superar o Valladares, o seu perseguidor inmediato. A Milagrosa conseguiu por fin o primeiro triunfo, mentres o PM Friol e o Chantada volveron gañar para conservar os seus liderados. A xornada deixou tamén as vitorias do filial friolés […]

O Antas mantén o pleno e o PM Friol resiste no alto

O Antas remontou ante o Atlético Arousana para encadear a súa oitava vitoria, mentres o PM Friol conservou o liderado cun empate no campo do seu perseguidor inmediato. O Chantada tamén segue primeiro tras descansar e o filial friolés reforzou a súa candidatura aos postos altos. Na Terceira Futgal, o Monte Forte estreou a súa […]

O Antas non cede; PM Friol e Chantada salvan o liderado

O Antas encadeou a súa sétima vitoria nunha xornada na que o PM Friol e o Chantada deixaron escapar vantaxes de dous goles, aínda que conservaron o primeiro posto. O filial friolés asinou unha contundente goleada, mentres o San Lázaro tamén tivo que conformarse cun empate e a Milagrosa sufriu unha dura derrota. O PM […]

PM Friol, Antas e Chantada mandan en cadansúas ligas

O fútbol feminino lucense pechou unha xornada con tres equipos no máis alto das súas clasificacións. O PM Friol e o Antas prolongaron os seus inicios perfectos, mentres o Chantada tomou o liderado en solitario da Segunda Futgal. Na Terceira, o Antas B impúxose á Comercial no primeiro derbi provincial da categoría. O PM Friol […]

PM Friol, Antas e Chantada seguen marcando o paso

O PM Friol e o Antas prolongaron os seus inicios perfectos e suman xa cinco vitorias, mentres o Chantada continúa como líder en solitario da Segunda Futgal tras golear no derbi ante o San Lázaro. O filial friolés tamén venceu e A Milagrosa rescatou un punto no último minuto. O PM Friol consolida o liderado […]

O PM Friol conquista o liderado con épica

O PM Friol remontou dous goles nos últimos minutos ante As Celtas B e quedou só á fronte da Terceira Federación. A xornada deixou tamén as vitorias do Antas, o Chantada, o San Lázaro e o filial friolés, ademais dunha estrea triunfal do Antas B na nova Terceira Futgal. Unha remontada para tomar o mando […]

Antas e Chantada prolongan o seu inicio perfecto

O Antas prolongou o seu inicio perfecto cunha goleada no campo do Atlético Villalonga B, mentres o Chantada remontou o temperán gol do Bandeira para manter tamén o pleno de vitorias. A Milagrosa estreou a súa puntuación cun empate sen goles e o derbi entre o San Lázaro e o PM Friol B resolveuse cun […]

Chantada entra pola porta grande

O Chantada asinou a única vitoria lucense no inicio da Segunda Futgal cunha contundente goleada ante o Xuventude de Crendes. Na xornada tamén destacaron o PM Friol e o Antas, que manteñen o pleno de triunfos nas súas respectivas categorías, mentres A Milagrosa, o San Lázaro, o PM Friol B e o San Roque quedaron […]

PM Friol e Antas comezan con paso firme

O fútbol feminino lucense botou a andar e fíxoo con contrastes. Mentres PM Friol e o Antas sumaron os tres primeiros puntos da tempada, aínda que por camiños moi distintos, a Milagrosa non puido acompañar cun resultado positivo o seu debut na Primeira Futgal. Nerea rompe o muro do Boiro O PM Friol tivo que […]

Volve o Fútbol, con F de Feminino

PM Friol Volve o fútbol feminino á provincia nesta tempada 2026/2027 que inaugurarán os partidos do PM Friol (3ªRFEF), Antas e Milagrosa (1ªFutgal). As friolesas comezarán esta campaña na Reigosa, onde recibirán ao Concello de Boiro. Unha tempada con cambios no vestiario pero que, de seguro, seguirá contando co acerto dunha dianteira experimentada e sempre […]

O Antas coróase campión da Copa Deputación tras vencer á Milagrosa na final

A Medela foi testemuña dunha final de Copa Deputación Femenina que o Antas resolveu con contundencia fronte á Milagrosa. Un 3-1 que non reflicte con exactitude o equilibrio que houbo durante boa parte do encontro, pero que premia a capacidade das ulloanas para golpear nos momentos decisivos. O partido non arrincou á hora prevista. A […]

A Milagrosa xa é de Primeira

«A Milagrosa obra o milagre» sería un titular que a quen pertencemos ao (tan fermoso como denostado) gremio xornalístico faríanos «chiribitas nos ollos», pero non se axustaría á realidade. ‘Milagre’ (s.m.): 1. Feito que non ten explicación lóxica e que se atribúe a unha intervención divina. 2. Cousa que produce moita admiración por suceder en […]

A Milagrosa golpea primeiro no play-off de ascenso a 1ª Futgal

A Milagrosa resolveu con solvencia o primeiro partido da eliminatoria de ascenso a Primeira FutGal, impondo a súa lei ante o Bergantiños B cunha vitoria por dous goles a cero que sitúa ás albivermellas nunha posición de vantaxe de cara á volta. O partido arrancou cun guión claro: as de Carballo chegaban con ambición, pero […]

Final agridoce para o fútbol feminino lucense

Cos encontros desta fin de semana, o fútbol feminino lucense puxo o punto final á tempada. Última xornada en Primeira e Segunda Futgal que rematan cun sabor agridoce. O Antas quedou ás portas do play-off de ascenso á 3ªRFEF, a Milagrosa clasificouse para a fase de promoción sen necesidade de xogar e o San Lázaro […]

A Milagrosa trae as boas novas dunha xornada con luces e sombras

O fútbol feminino provincial baixou o pano á competición regular cunha xornada chea de emoción, despedidas e balance desigual para os equipos lucenses. A Milagrosa deu un paso case definitivo cara ao play-off na Segunda Futgal, mentres que na Primeira e Terceira Futgal houbo luces e sombras entre os representantes da provincia. O Antas cae […]

A Milagrosa complícase o play-off tras caer co Corme

A Milagrosa deixou escapar unha oportunidade importante para asegurar a súa presenza no play-off ao perder por 3-1 diante do Corme, un rival directo na loita pola cuarta posición. As lucenses manteñen ese posto, pero agora cunha vantaxe moito máis curta sobre o cadro coruñés e cun partido máis disputado. O encontro estivo marcado pola […]

Chantada, capital do ascenso por partida dobre

O Chantada feminino celebrou no Sangoñedo un ascenso máis nesta tempada tras impoñerse por 2-0 ao Bandeira. Nun día especial, as xogadoras saíron ao campo acompañadas das súas nais, nun xesto emotivo antes do inicio. O conxunto visitante avisou primeiro nun lanzamento de falta que Deva resolveu con seguridade, pero pouco a pouco as locais […]

Gran tempada mais sen premio para o PM Friol

PM Friol 4-1 Bergantiños O conxunto lucense despediu a tempada cun triunfo sólido diante do Bergantiños nun encontro que foi de menos a máis. Tras unha primeira metade equilibrada, o Friol conseguiu abrir fenda no marcador na segunda parte, impulsado polo acerto de Paola, autora dun dobrete, e polos goles de Yole e Mery. O […]