Irene, xogadora da Milagrosa

Irene (Milagrosa): «Volvín a collerlle cariño ao fútbol»

A Milagrosa acadou unha contundente vitoria na última xornada da Terceira Futgal feminina ante o Negreira por 1-10 nun partido onde houbo unha protagonista clara. Irene, xogadora do conxunto lucense, foi capaz de firmar un póker de goles que sinala o seu gran estado de forma, con 13 goles en 15 partidos xogados pola dianteira lucense. Un ano especial para ela, xa que voltou aos campos despois de parar durante uns anos.

Futbolinlugo: Como foi para ti o encontro ante o Negreira?

Irene: Era un encontro no que tiñamos un nivel superior. Fomos mellores en todo o encontro e reflectímolo no resultado. Eu tiven a sorte de ser a que marcou os catro goles, pero as miñas compañeiras fixeron un gran partido e iso axudou a conseguir a vitoria.

FIL: Como te sintes tras superar o teu máximo número de goles nun partido?



I: Moi ben, honestamente nunca me poño ningunha meta nos encontros de ver cantos goles teño que meter. A ver se a semana que vén podo manter a xeira e facer tamén un partido bon para axudar á Milagrosa.

FIL: Como está a ser esta tempada para ti?

I: Levaba varios anos sen xogar ao fútbol porque estaba un pouco queimada desa faceta. Si que seguía vencellada ao deporte coa Milagrosa coma adestradora grazas a Héctor. Este ano decidín retomar a actividade e Pipo deume a oportunidade de volver a collerlle cariño ao fútbol e desfrutando de minutos.



«A Milagrosa pode rematar a tempada máis arriba»

FIL: Estades nunha posición tranquila na táboa. Como se encontra o equipo?

I: Estou sentindo ben ao grupo. Somos un equipo moi novo e iso nótase nos resultados, xa que cando vemos que nos marcan temos tendencia a que o noso ánimo caia. Estamos a mellorar cada vez máis ese aspecto para intentar rematar a tempada en postos máis altos.

FIL: Ese primeiro paso podería chegar no derbi ante o Comercial esta fin de semana. Como afrontades ese encontro?

I: Si que se fala nos adestramentos de que hai nervios, pero eu estou moi tranquila e esperando que todo nos saia o mellor posible no encontro. Penso que temos unha grande vantaxe ao xogar en Frigsa que intentaremos aproveitar para acadar a vitoria.



Irene (Milagrosa): «Volvín a collerlle cariño ao fútbol»

Os pichichis da Segunda Futgal

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *