O Quiroga é novo líder do grupo sur

Voltou a competición na Terceira Galicia. No grupo norte o Racing Vilalbés B non pasou do empate no campo do Abadín, pero mantén o liderado. No grupo sur o Quiroga xa é primeiro logo de golear ao Taboada B e da derrota do Rubián nas Rapadas. grupo norte Un Abadín en inferioridade numérica acada un […]

Abadín e Palas confírmanse como dous dos conxuntos máis en forma de Terceira

O Racing Vilalbés B non cede no grupo norte. Os de Iván Lamas golearon ao Cazás e amplían a súa vantaxe á fronte da clasificación. O Abadín, en racha, xa é terceiro. No grupo sur o Rubián gañou pola mínima e mantén o liderado por diante de Quiroga e Palas, que foron quen de gañar […]

Catro Roldas e Quiroga achéganse á primeira praza

A oitava xornada na Terceira Galicia deixa a clasificación máis igualada do que xa estaba. No grupo norte, o Catro Roldas aproveitou a xornada de descanso do Racing Vilalbés B para achegarse ao primeiro posto. O Abadín e o Celeiro, no seu mellor momento da temporada, voltaron a acadar os tres puntos. No grupo sur […]

Celeiro e Bóveda acadan a primeira vitoria da temporada

No grupo norte, o Racing Vilalbés B abre un oco de cinco puntos no liderado, mentres que o Mondoñedo perde comba coa súa segunda derrota consecutiva. No sur, o Castroverde igualou co Rubían na primeira praza, á que se achega un Incio en racha. Celeiro e Bóveda estrelaron o seu casilleiro de vitorias. grupo norte […]

Racing Vilalbés B e Castroverde lideran en solitario a Terceira

O filial do Racing Vilalbés é o líder do grupo norte de Terceira Autonómica logo de golear ao Nuevo Nausti no derbi. O Mondoñedo, que gañou no campo do Matela, é segundo. No grupo sur, o Castroverde gañou no choque de cabeza fronte ao Rubián e o Quiroga alcanzou a segunda praza logo sacar os […]

O Mondoñedo, único equipo de Terceira que só sabe gañar

Logo de catro xornadas, só o Mondoñedo é quen de contar os seus encontros por vitorias, ben é certo que os de Isra disputaron tres partidos, xa que descansaron na terceira xornada. Por iso, Racing Vilalbés B e Rioaveso son os que comandan a clasificación no norte con dez puntos. No sur, Rubián e Castroverde, […]

O Racing Vilalbés B mantén a portería imbatida logo de tres xornadas

Racing Vilalbés B e Rioaveso comandan a clasificación do grupo norte con sete puntos, xusto por diante dun Mondoñedo que afrontou a súa xornada de descanso. No grupo sur, Rubián, Taboada B e Castroverde, todos eles con sete puntos lideran a táboa logo dunha xornada con goleadas a domicilio do Santa Comba e o Quiroga. […]

Soamente catro equipos suman os seis puntos na Terceira

Con dúas xornadas disputadas, dous equipos do grupo norte, Racing Vilalbés B e Mondoñedo, e dous do sur, Rubián e Taboada B, acadaron os seis puntos. Pola contra, Matela, Abadín (con só un encontro xogado), Relámpago Taboada e Bóveda non estrearon o seu casilleiro. grupo norte O Mondoñedo impúxose ao Abadín no ‘Derbi do Fiouco‘ […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 11

A Covid segue a condicionar a actividade dos Máxicos neste comezo do 2022. Porén, esta semana tivemos seis partidos correspondentes á Primeira Galicia, un máis que fai sete días. Taboada 3-3 Portomarín: choque de titáns na Medela, no foron mellores ao comezo os locais, que conseguiron chegar cun 2-0 ao descanso. Porén, en 25 minutos, […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 10

A volta dos máxicos da Primeira estivo condicionada pola Covid-19. Un total de cinco partidos correspondentes á decima xornada da fase regular foron adiados por mor de positivos en distintos equipos. Aínda así, houbo cinco partidos que sí se xogaron, facendo resistencia contra o dichoso bicho: Portomarín 3-1 Chantada Atlético: a igualdade foi a protagonista […]

Juan Peón, CD Castro: ‘Somos un equipo que quere defender o mínimo tempo posible’

23 puntos de 27 posibles. 7 triunfos e tan só dous empates. Tan só dous goles encaixados en nove xornadas. O CD Castro rematou a primeira volta como líder do Grupo Norte da Primeira Autonómica, seguido de preto pola SD Pol. Os do Arturo Pereiro completaron unha primeira fase do campionato moi completa, que lles […]

Tan só o Nuevo Nausti aposta por competir no grupo norte de Terceira

Rematamos a rolda de conversas cos clubs da provincia de Lugo falando cos integrantes do grupo norte de Terceira Autonómica. Cando agora se pon en dúbida o comezo das competicións de Primeira para abaixo, a maior parte dos conxuntos apostan por pospoñer o retorno ligueiro. Tan só o Nuevo Nausti é proclive a voltar cando […]

A Segunda Norte, moita incerteza e a maioría do non

O tema futbolístico no final do 2020 está claro. A volta ou non do balompé máis afeccionado nesta situación de pandemia. A Federación deseñou unhas planificación que moitos clubs poñen en dúbida. Á espera de ver como se resolve definitivamente, hai unha serie de competicións ás que o ente federativo lles puxo data de inicio […]

Había alternativas? Representantes do Friol B, Comercial e Rioaveso opinan

O futuro da Terceira Rexional é agora unha das grandes incógnitas no fútbol lucense. Despois da medida optada para rematar as ligas por mor da Covid, cada vez quedan menos equipos en cadanseu grupo. Tres ascensos en cada un deles e sen ningún descenso. Deixarían en 8 equipos como máximo en cadansúa zona. E o […]

O partido da xornada… CD Cospeito – SD Muimenta: o derbi xógase na casa

É un deses partidos diferentes. Un auténtico duelo entre veciños. Un encontro cuxa rivalidade habería que buscala na prehistoria. Moito antes de que chegase o fútbol. Na raíz máis fonda das rivalidades locais que, para ben ou para mal, temos por estas terras. A envidia do veciño só lle falta ser deporte olímpico. En pleno […]

O Sporting Lucense ascende e o Fonsagrada perde o seu primeiro partido

Foto de portada: Mariluz Fagín O Covid – 19 marca tamén a axenda do noso fútbol. A suspensión da competición nas dúas próximas xornadas provoca parón en todas as categorías. Xusto cando a Terceira Rexional se atopa no seu tramo final. Esta suspensión pilla ao Sporting Lucense con todos os víveres. Porque xa volve ser […]

O Portomarín chega aos postos de ascenso e o Sp. Pontenova queda a un paso

Viñamos dicindo nas últimas xornadas que estaban a espera dos rivais. E foi a pasada fin de semana cando o Ferreira fallou e o Portomarín aproveitou. Tamén fallou o Sanci no grupo norte, pero non lle chegou ao Sporting Pontenova para asaltar o segundo posto. Ambos equipos están igualados a puntos. Sabemos máis detalles nos […]

O Matela entra en ascenso e o Sporting Lucense e a Mila téñeno máis preto

A SD Viveiro descansou e o Matela aproveitou para meterse na segunda praza. O Fonsagrada continúa invicto na cabeza. Hai máis igualdada no norte ca no sur, onde o Sporting Lucense e a Milagrosa seguen coa súa xeira de vitorias. De feito, se os dous gañan os seus partidos ascenderían xa esta finde. O Rubián […]