Diario dun mercado. Episodio 42

Día de Galicia. Hoxe máis que nunca, día do noso fútbol! E como non podía ser doutra maneira, vén cargado de novidades. A principal é a creación dun novo equipo. E feminino! A Mariña xa ten a súa escadra. O Ribadeo FC aposta polas mulleres e traballa arreo para sacar adiante esta grandísima iniciativa. Ademais, […]

Diario dun mercado. Episodio 32

Coas pretemporadas a piques de comezar, os clubes apuran fichaxes, renovacións… e mesmo adiantan os partidos que disputarán na previa a temporada 2017/2018.

Diario dun mercado. Episodio 16

Na Preferente Norte o Castro anunciou as renovacións do lateral Marino e do porteiro Yebra. Ademais o equipo adestrado por Javi López confirmou o regreso de Pedro Díaz. O central comezou esta temporada no conxunto das ribeiras do Lea, pero a metade de ano marchouse ao Escairón na búsqueda de minutos. Estas novidades xúntanse a xa […]

As notas das finais da Copa

As últimas notas da temporada veñen cun formato diferente xa que consideramos que os catro equipos teñen o seu mérito por chegar a estas alturas da competición copeira. Destacamos o traballo de todos, eliminamos a nosa sección «nin pé con bóla» e subliñamos o mérito dos campións provinciais tanto no torneo feminino como no masculino. […]

As notas da Segunda nas semifinais da Copa

Este vindeiro domingo o Anxo Carro será o escenario das finais da copa feminina que desputarán entre o Friol e o Antas (17:30h) e a final da Copa masculina da Segunda e da Terceira entre o Pontenova e o Friol (19:30h). Antes facemos un repaso do máis destacado das semfinais nas nosas notas. O ás: […]

As nosas redes falan!

Un mércores máis chega o turno da sección dos verdadeiros protagonistas. Clubes, xogadores, adestradores, siareiros… Que se dan cita cada semana nas nosas redes sociais!!

As notas da Segunda e Terceira nos cuartos da Copa

Xa só quedan catro equipos na competición. Esta próxima fin de semana xogaranse por así dicilo as finais territoriais, a do norte e a do sur, ou o que veñen sendo as semifinais para decidir quen optará polo título no último partido. Sporting Pontenova – Lourenzá será a semifinal do norte, mentras que Brollón – Friol […]

Ángel Villar, Friol: «É complicado ter que facer un plantel novo cada ano»

O Peluquería Mixta Friol fixo unha gran campaña, rematando no quinto posto da Segunda División feminina, unha posición sen dúbida honrosa para un clube dunha pequena vila como o é Friol. Os grandes resultados que está a acadar o conxunto débense en gran parte ao seu presidente, Ángel Villar Hermida.

As notas da Segunda e da Terceira na entrada da primavera

A nova estación entrou mollada e incluso nevada por algúns puntos da provincia, pero as notas Futbolinlugo veñen quentiñas como xa estades afeitos. Esta semana sen Terceira grupo norte que volverá a próxima fin de semana cos seus play-offs. E tamén estamos nas vésperas de que finalice a Terceira grupo sur que dende o pasado domingo […]

Notas da Segunda e da Terceira na segunda xornada de marzo

O bo tempo acompaña esta semana as notas de Futbolinlugo nunha xornada na que foi a última da competición regular na Terceira Galicia grupo norte. A SD Ourol  e Roupar ascenderon directamente a Segunda Galicia (co equipo da Mariña proclamándose campión de Liga este pasado sábado). Agora nesta categoría queda a loita polos play offs […]

As nosas guerreiras!

En conmemoración do Día da Muller que se celebra hoxe día 8 de marzo, facemos un repaso das clasificacións dos tres principais equipos de fútbol feminino da provincia de Lugo.