Notas da Segunda e da Terceira na segunda xornada de marzo

O bo tempo acompaña esta semana as notas de Futbolinlugo nunha xornada na que foi a última da competición regular na Terceira Galicia grupo norte. A SD Ourol  e Roupar ascenderon directamente a Segunda Galicia (co equipo da Mariña proclamándose campión de Liga este pasado sábado). Agora nesta categoría queda a loita polos play offs cuxos cruces serán Fonsagrada-Goiriz e Cervo-Matela.

A figura: Pasarín do Pontenova

O Sporting Pontenova segue mantendo a súa vantaxe na cabeza da Segunda Galicia grupo norte, en parte grazas aos goles de Adrián Pasarín. O conxunto da Mina venceu por 5-4 nun derbi de moitas alternativas ante o Lourenzá que tamén pelexa por engancharse aos postos de ascenso directo á Primeira. Non obstante, os tres goles de Pasarín, xunto co de Andrés Bouza e Miguel Fuente serviron para que o Pontenova manteña cinco puntos de vantaxe sobre o segundo na clasificación.

O ás: Buján do Friol

Manuel Buján foi un dos grandes protagonistas da xornada na Segunda Galicia grupo sur. O gardamallas detivo un penalti cando o seu equipo gañaba por 1-0 ante a Comercial co gol de Daniel Roca. A súa parada fixo que os puntos se quedaran na Reigosa, para que o seu equipo sume xa 37 en total. O Friol é sétimo clasificado aínda que moi lonxe dos postos de ascenso directo (dos que está a quince puntos).

Nin pé con bóla: CD San Román

Non foi o ano do San Román na Terceira Galicia grupo norte. Agora ca temporada xa rematada o conxunto de Cervo queda con catro puntos. Tan só conseguiu unha vitoria e un empate de maneira oficial, xa que fóranlle retirados tres puntos por abandonar un partido ao non mostrarse nada dacordo cas decisións do árbitro. Quedou último clasificado a seis puntos do Celeiro.

Demasiado intenso: CD San Román

equipo de Cervo tampouco tivo una boa despedida de liga. Xogaron contra un Ourol que se xogaba o campionato e acabaron o partido con dous xogadores menos. Simón Quelle e Kenneth foron expulsados por dobre cartón amarelo. A sanción para Kenneth será de catro partidos, segundo o comité por dirixirse ao colexiado nunha actitude incorrecta.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 467

Deja un comentario