Diario dun mercado. Episodio 42

Día de Galicia. Hoxe máis que nunca, día do noso fútbol! E como non podía ser doutra maneira, vén cargado de novidades. A principal é a creación dun novo equipo. E feminino! A Mariña xa ten a súa escadra. O Ribadeo FC aposta polas mulleres e traballa arreo para sacar adiante esta grandísima iniciativa. Ademais, toca falar de incoporacións. A fichaxe de Dinarte Pita polo Polvorín xa é unha realidade. Así coma a volta do central Canedo á Milagrosa. O cadro de Couso está a repescar aos seus mellores canteiráns para selar un bloque de garantías.

Así mesmo, xa sabemos quen dirixirá ao Friol B: Jose, exadestrador do Garabolos. Furillas será o seu segundo. No Río Sil emerxe de novo Güate, que non xogou a campaña pasada por tema de estudos. David, que xa estivo na pasada Copa, queda no equipo. Un cadro ao que chega Kanteiro, dianteiro procedente do Ferreira. Quizais a principal referencia ofensiva se finalmente Anás marcha. O pichichi Anás, autor de 23 goles nesta última temporada, ten unha oferta de categoría superior, do Bóveda.

No fútbol base, os xuvenís do Racing Vilalbés xa se preparan para unha tempada histórica. O xuvenil de galega contará coa dirección de Iván Lamas, extécnico do Castro na Terceira División. Escoltado polo xogador do primeiro equipo. No cadro de División de Honra, Simón seguirá aos mandos. Entre ámbolos dous equipos contan con 35 xogadores, aos que se sumará algún máis en vindeiras datas. O noso Santi Real e Hugo chegan á Chaira dende o EF Polvorín e súmanse así ao xa asinado Juanjo, do Calasancio.

Por último moitos equipos fixéronnos saber os seus encontros de pretemporada:

-Riotorto: Xogarán a domicilio ante o Meira (4A), Astur Vegadense (9A), San Roque (11A), Outeiro de Rei (18A), Ribadeo FC (20A) e Cospeito (24A). Na casa, farano ante o Iberia (27A) e Meira (30A).

Pretempada Riotorto

-Sarriana: Exercitaranse dende o 28 de xullo. Enfrontaranse ao Atlético Escairón (8A), Sober (12A), Lemos (15A) e Residencia (20A).

-Lourenzá: Venres 28 de xullo. Ese día, Diego Rego empeza a súa andadura á fronte do cadro laurentino. Dende Lourenzá confirmaronnos os seguintes amigables no seu campo: Pontenova (13A), Lugo xuvenil (16A) e Valadouro (23A). A domicilio mediranse ao Alfoz e Mondoñedo nun triangular (6A), San Ciprián (30A) e xogarán un torneo en Foz (27A).

-San Lázaro: 21.00 horas do 1 de agosto. Pistoletazo de saída dunha pretemporada, na que se medirán ao Páramo, Becerreá, Muimenta e veteráns do Friol.

-Friol A: Empezan o luns 31 de xullo. Enfrontaranse ao Monterroso (9A), San Roque (21A), Pastoricense (26A), Lucense (30A) e disputarán un torneo tamén en Monterroso (19A).

-Río Sil: Comezan o luns 31 de agosto e xogarán amigables fronte aos veteráns do Monforte, Bóveda, Rubián, Ferreira, Arrabaldo (2ª ourensana) e Taboada.

Quixeramos despedir este gran mercado cun agarimoso abrazo á familia do Ferreira, que perdeu ao seu expresidente Manuel Dacosta. Un auténtico home de clube.

 

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario