Rafa Casanova, Friol CF: “Buscamos continuidade para os máis novos”

Esta temporada contaremos cun novo equipo na Terceira Autonómica, o Friol CF “B”. Hoxe falamos con Rafa Casanova, presidente do Friol CF e adestrador do Friol CF “A”, para saber máis acerca do interesante proxecto. Cómpre destacar que Rafa Casanova compaxina as súas labores de adestrador e presidente sendo tamén xogador do Ribadeo, equipo lucense da Preferente.Velaquí a entrevista:

FUTBOLINLUGO: Ola Rafa. De onde sae a idea de crear un filial para o Friol CF?

RAFA: O ano pasado como adestrador estaba moi comprometido á hora de facer as convocatorias, porque contaba con 24 xogadores e tiña que deixar nove fóra, ademáis todos cumplían. Había tamén algún rapaz que saía de xuvenís que non podían xogar por unha norma de Federación, e eses foron os principais motivos.

 

FUTBOLINLUGO: Entón, cal vai ser o obxectivo básico do novo equipo?

RAFA: Continuidade. Buscamos que os rapaces máis novos xoguen, gañen minutos… e cando estean preparados para dar o salto ao primeiro equipo, subilos.

 

FUTBOLINLUGO: En canto a obxectivos a nivel clasificatorio, cales serán de cara a esta temporada tanto para o “A” como para o “B”?

RAFA: Competir, como sempre. En cada partido, respetar a todo o mundo, disfrutar e ilusionarse como nenos, e que poidan estar o máis arriba posible. Con eso bastaría.

 

FUTBOLINLUGO: Xa superastes a cifra de 300 abonados que pediades na vosa campaña de captación de abonados. Estades satisfeitos?

RAFA: Si, superada con creces. Onte mesmo fixemos o socio 331, así que o vídeo si é certo que deu resultados.

 

FUTBOLINLUGO: A nivel persoal, como compaxinas ser adestrador, presidente e xogador?

RAFA: Pois coa axenda apretada, ademáis acabo de ser pai hai quince días, e si que é complicado levar un club con dous equipos, con poucas axudas, agora mesmo está todo bastante descontrolado, pero agardo que en setembro estea todo máis tranquilo.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario