Ángel Villar, Friol: «É complicado ter que facer un plantel novo cada ano»

O Peluquería Mixta Friol fixo unha gran campaña, rematando no quinto posto da Segunda División feminina, unha posición sen dúbida honrosa para un clube dunha pequena vila como o é Friol. Os grandes resultados que está a acadar o conxunto débense en gran parte ao seu presidente, Ángel Villar Hermida.

Por iso, Futbolinlugo decidiu falar hoxe con Ángel. Unha vez rematada a liga regular, preguntámoslle acerca do rendemento das rapazas nesta campaña.

Futbolinlugo: Ola Ángel. Poderías facer una pequena valoración da Liga?

Ángel: Foi una campaña algo irregular. Tiñamos un plantel para competir con Oviedo e Deportivo pero non todo saíu ben. Sí é certo que se nós gañasemos o noso último partido en Santander, ao perder o Sporting na Coruña seriamos terceiras, pero co empate que non nos serviu nin a nós nin ao Santander para non descender, adiantounos o Matamá e non pasamos ao Sporting. Puidemos ser terceiras e fomos quintas, foi una mágoa. Aquí é complicado ter que facer plantel todos os anos pero hai que loitar con iso e comezar de novo.

 

Futbolinlugo: As rapazas renderon segundo se agardaba?

Ángel: Sempre hai de todo. Algunhas si, outras un pouco por debaixo. Este ano foi o primeiro ano cun adestrador novo, que veu do Orzán feminino e as expectativas eran quedar o máis enriba posible. Tamén é certo que tivemos alguna lesión, pero o plantel era moi amplio, con 22 xogadoras. Non é nin moito menos una tempada mala, pero sempre se pode mellorar.

 

Futbolinlugo: Agárdanse novas incorporacións ao plantel de cara á 2017/2018?

Ángel: Si, tovadía é cedo para sábelo, pero xa sabemos que hai xogadoras que ou non seguirán o ano que vén ou non contamos con elas. Equipos como o Deportivo veñen todos os anos a buscar xogadoras, todos os anos fichamos entre 12 e 13 xogadoras, e este ano será un máis.

Ángel é un referente no fútbol de Friol.

 

Futbolinlugo: Que tal responde a vila de Friol? Contades cunha boa entrada nos partidos da casa?

Ángel: Non hai queixa, é certo que hai partidos con 50 persoas, pero tamén hai encontros nos que andamos entre as 100 e as 300. Eu creo que contra o Dépor superamos os 300 espectadores, por exemplo.

Futbolinlugo: Imaxinamos que as experiencias de xogar de ti a ti contra equipos coma Sporting, Deportivo… son inolvidables.

Ángel: Xa levamos varios anos, e estamos a acostumarnos. O malo é que no seu 90% os equipos son de cidades, e nós estamos en inferioridade niso. Friol é una vila, e só adestramos dous días á semana porque a maioría das xogadoras viven lonxe. Hai rapazas que chegan á súa casa de madrugada, en xeral os clubes das cidades teñen un plantel formado por mulleres que viven como moito a media hora do lugar de adestramento, e xogan con vantaxe respecto a nós. Sporting, Oviedo, Deportivo, Santander…

 

Futbolinlugo: Sentes orgullo de ser o presidente dun clube que adoita estar na parte alta Segunda División do noso fútbol feminino?

Ángel: Si, claro que si. É un orgullo e podemos dicir que o nome de Friol á hora de facer fichaxes é importante, porque somos un clube que adoita estar arriba e cumprimos nos pagos dos desprazamentos das xogadoras, cousa que noutros equipos non pasa, e as rapazas están alí un ano pero logo non volven, e nese aspecto síntome orgulloso. Tamén orgulloso da xente que colabora connosco (Concello de Friol, Deputación de lugo, a Xunta, Luis Iglesias, panadería Ousá…), xa que gracias a eles contamos cun presuposto de entre 60 e 70 mil euros.

 

Futbolinlugo: Moitas gracias pola túa atención.

Ángel: A vós.

 

Un placer falar con Ángel, quen de seguro axudará a traer máis alegrías ao fútbol feminino da provincia!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 535

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.