As nosas guerreiras!

En conmemoración do Día da Muller que se celebra hoxe día 8 de marzo, facemos un repaso das clasificacións dos tres principais equipos de fútbol feminino da provincia de Lugo.Como sabemos de publicacións anteriores, o equipo feminino máis destacado na nosa provincia é o

As xogadoras do Friol quentando nun encontró esta tempada.

Peluquería Mixta Friol. Este conxunto disputa a Segunda División nacional e está actualmente situado na quinta posición, cos mesmos puntos que o Ave Fénix, cuarto clasificado e a tan só dous do Sporting de Xixón, que é terceiro. A próxima xornada, o Friol mediráse ao Ave Fénix, nun choque directo polos postos de arriba, e no que as lucenses tratarán de aproveitar o «factor campo».

O seguinte clube lucense que xoga a un alto nivel é a SDC Milagrosa, militante da Primeira Galega. A rescisión do seu antigo adestrador, Vivian Dors, mantén ao equipo nunha certa incertidume, pero as rapazas souberon sobrepoñerse a isto, e venceron a pasada fin de semana ante o Victoria, rompendo una longa xeira negativa. Con estes tres puntos, as de Frigsa son novenas, situadas nunha cómoda posición no medio da táboa.

A Milagrosa nun encontró este ano.

A SD Antas é o último protagonista. Sextas clasificadas na Segunda División galega, estas rapazas teñen un enorme mérito, xa que están poñendo ao pequeño municipio de Antas no mapa do fútbol galego. A pasada xornada, enfrentáronse a un imparable Ural (líder da categoría), que as derrotou por 4-0. O domingo, recibirán ao Portazgo, nun duelo no que tentarán saír do bache no que se atopan.

Todas estas guerreiras contribúen a dignificar o deporte feminino, xa que representan a busca da igualdade de homes e mulleres nel e agardamos todos os anos vindeiros poder renderlles un pequeno tributo coma o de hoxe e, á vez, que cada ano se sumen a éstes máis e máis equipos de fútbol feminino na nosa provincia!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.