Os 5 do Cospeito, os 3 de Nico e o olímpico de Julito

A 18ª xornada da Segunda Rexional trouxo o picazo de tres equipos da parte alta da categoría. O Meira e o Folgueiro no norte e o Friol no sur.  O Cospeito marcoulle 5 ao Folgueiro, o Lemos B derrotou ao Friol con tres dos catro goles anotados por Nico e o Ferreira achégase ao liderado […]

Diario dun mercado. Episodio 329

Coa maioría de competicións xa comezadas e coa Terceira Autonómica a piques de facelo, o mercado aínda nos segue traendo novidades. En Pantón están de noraboa. Fai uns meses Samba deixou o Ferreira por motivos laborais e o Atlético Cuntis anunciou o seu fichaxe. Pero o futbolista retornou ao seu club dos últimos anos e […]

O partido da xornada . . . Becerreá – Ferreira: dous campións de grupo buscan o trono na segunda fase

A fase de ascenso de Segunda Autonómica tráenos un prato forte nesta terceira xornada. Dous campións de grupo na fase inicial do campionato fronte a fronte. Becerreá e Ferreira mídense o sábado ás 16 horas no Municipal con tres importantes puntos en xogo para facerse co primeiro posto. Arbitrará o colexiado focenso Ron Valle. O […]

E agora… que facemos?

Fai xusto unha semana que falabamos cos distintos clubes de Preferente para saber se retomaran a súa actividade. Todos eles indicaban que non, que ata que a Federación Galega sacase un comunicado coas datas de inicio, non darían o pistoletazo de saída. O destino, caprichoso coma sempre, quixo que tres días despois, o martes 15, […]

Diario dun Mercado. Episodio 143

Importantes novas con respecto aos técnicos así como sonadas renovacións e retiradas

Diario dun mercado. Episodio 138.

Continuamos co clásico da época estival, este ano adiantado xa á primavera logo da finalización das competicións por mor da pandemia do Covid-19. O Diario dun Mercado chega desta volta cun claro protagonista: as renovacións. Os clubes da nosa provincia comezan a moverse para darlle continuidade aos proxectos de cara a vindeira campaña. Na Primeira […]

Ledicia e pesadume na Segunda Sur

Se ben moitos coñecen a complicada situación da Segunda Galicia Norte, na que Sporting Pontenova e San Ciprián se atopaban empatados a puntos no momento da suspensión das competicións, non é tan coñecido o curioso feito que tivo lugar no Grupo Sur, onde o Portomarín CF arrebatoulle ao Ferreira CF o segundo posto na última […]

A Axenda: o Polvorín volve ao Anxo Carro para recibir o Compostela

TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – S.D. Compostela (Domingo ás 11 horas no Anxo Carro): esceario grande para recibir a un histórico do fútbol galego. O filial albivermello, con seis puntos sobre a zona de descenso directo logo do triunfo no derbi, recibe a un Compostela intratable. É líder e suma dezasete xornadas sen coñecela derrota. […]

A Axenda: os ‘galos’ de Segunda Autonómica vense as caras nos dous grupos

Ademáis do Partido da Xornada, este fin de semana temos na xeografía lucense encontros máis que interesantes, que resumimos na nosa Axenda: TERCEIRA DIVISIÓN  – Racing Vilalbés – S.D. Silva (Domingo ás 16:30 horas na Madalena): logo da última derrota no Poboado, os de Simón Lamas tentarán voltar á senda da vitoria no seu feudo […]

A Axenda: a Copa volve e a Primeira non para

Malia que nesta ponte festiva, o noso fútbol colle un descanso, a pelota non deixa de rodar por completo. A Primeira Autonómica e o fútbol feminino disputan unha nova xornada, á que se suma a Copa Deputación. PRIMEIRA AUTONÓMICA  – Riotorto C.F. – Atlético Escairón (Domingo ás 12 horas na Veiga): o conxunto local, no […]

O partido en imaxes: Ferreira CF-SD Paradela (2-0)

O Ferreira CF manténse ao frente da clasificación da Segunda Sur. Parte dese logro débese a súa imbatibilidade no seu feudo, O Baliño. Aí venceron de novo este domingo á SD Paradela. No campo estivo presente Leti Fernández, autora desta gran galería fotográfica!