Folgueiro campión, Lemos B líder e unha Copa con incógnita en Chantada
O Folgueiro aproveitou o seu partido adiantado co Pastoricense da penúltima xornada de liga para selar o seu ascenso á Primeira Futgal
O Folgueiro aproveitou o seu partido adiantado co Pastoricense da penúltima xornada de liga para selar o seu ascenso á Primeira Futgal
Tres das catro eliminatorias dos cuartos de final da Copa resolvéronse nos penaltis, onde se luciron Adri García e Adan
O fútbol lucense non para no Nadal e aproveita para poñer ao día o grupo sur da Segunda Futgal. Este sábado 27 de decembro ás 17 horas no Baliño enfrontaranse o Ferreira e o Monterroso B, nun encontro que fora suspendido na segunda xornada ligueira. Arbitrará o colexiado Diego Seco. O Ferreira chega a este […]
Comezamos este novo episodio de domingo do noso Diario cunha importante fichaxe na Sarriana. Trátase de Iago Parga, un vello anceio do club que logo do ascenso a Segunda RFEF fíxose realidade. O sarriao, formado na base do RC Deportivo, chega á Ribela para reforzar a zaga na que pode ocupar o posto de central […]
Xaneiro remata cos campións de inverno da 2ª momentaneamente fóra do primeiro posto, con varias fichaxes e os nosos onces pendentes
O Iberia e o Ferreira son os dous primeiros equipos que pasan dos 25 puntos esta tempada na Segunda Futgal lucense
O Ferreira é un dos cadros máis consolidados do Grupo Sur da Segunda Futgal. Os de Pantón parten cada verán como un dos conxuntos chamados a acadar o salto de categoría e as visitas ao Baliño adoitan ser unha dor de cabeza para todos os rivais. Este curso, os de Manu Rodríguez ocupan o primeiro […]
O San Ciprián superou ao Cabreiros (4-0). 15 puntos en xogo, 15 sumados e 15 goles a favor. Son os números do 15 que presenta o San Ciprián en cinco xornadas. Aos locais saíulles o encontro de cara xa nos primeiros minutos. Adiantáronse por medio de Borja Mella, tras centro de Bruno. Uns minutos máis […]
O San Ciprián, o Xermade e o Iberia, na zona norte, e o Brollón e o Ferreira, no sur, gañaron os dous partidos que van de liga na Segunda Futgal. Sanci e Brollón continúan liderando polo diferencial de goles. Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Futbolinlugo (@futbolinlugo) 2ª xornada en ‘O Noso […]
O Chantada B e o Ferreira disputaron un amigable que serviu para celebrar o Trofeo das Festas. Os de Pantón voltarán a competir na recén denominada Segunda Futgal e o filial chantadino tamén o fará, pero agarda a confirmación oficial da Federación Galega, tras a aceptación da Milagrosa de competir no grupo 6 de Primeira […]
Comezamos o episodio 446 do noso Diario coa gran nova protagonizada polo viveirense Xoel Trasancos. O centrocampista será membro a todos os efectos do primeiro equipo da SD Compostela, logo de dúas grandes temporadas nas filas do Sigüeiro, filial do conxunto santiagués. Continuamos coa renovación do lateral Mati co Ribadeo. O futbolista arxentino, convalecente dunha […]
Comezamos un novo Diario dun Mercado cun lucense que xogará fóra das nósas fronteiras. Diego Fraga ‘Lucky‘ deixa o Friol para xogar no Xuventude Sanxenxo, un histórico do fútbol galego que se atopa en horas baixas e que pelexará por ascender á Primeira Futgal. O Monterroso contará con Koeman como segundo adestrador a carón de […]
Abrimos este novo Diario coa confirmación da fichaxe de Lucía Pardo pola Real Sociedad. Tal e como anunciara o medio dixital Relevo, a futbolista de Outeiro de Rei chega ao club txuri-urdin procedente do Madrid CFF. Asina por dúas temporadas e estará adestrada por José Luis Sánchez Vera, campión de liga co Atlético de Madrid […]
Catro equipos do grupo sur da Segunda Galicia teñen opcións de finalizar a liga no 5° posto e xogar a fase de ascenso á Primeira. Os catro conxuntos están en tres puntos faltando seis por desputar. O Friol, o Palas, o Antas e o Ferreira son candidatos. Todo nunha categoría na que o Pastoricense e […]
O Racing Villalbés B e o Palas comezaron a un gran nivel tras os seus ascensos
Comezamos este novo episodio do noso Diario con Nerea Lombardero como protagonista. A xogadora da Pontenova, que participou nos dous últimos All Star Futbolinlugo, non continuará no PM Friol poñendo así fin a cinco anos de carreira no equipo da Reigosa ao que chegou con tan só trece anos. A vindeira campaña xogará no Viajes […]
O mercado no fútbol lucense está que arde. Comezamos pola primeira renovación no cadro de xogadores do Racing Vilalbés para o seu proxecto en Segunda RFEF. Non é outro que o gran capitán López, que cumprirá once temporadas no conxunto chairego. O Lemos comeza a perfilar o seu cadro de xogadores con dúas incorporacións. Os […]
Todos os equipos traballan arreo tanto en altas e baixas como en renovacións
Jesu foi un dos xogadores clave na semana de catro puntos do Becerreá