Diario dun mercado. Episodio 139

Hoxe traemos unha nova edición do Diario dun mercado. Pese a que normalmente por estas datas os equipos se atopan celebrando ascensos ou pasando de rondas na copa, a desafortunada situación que nos tocou vivir este ano fixo que os movementos de xogadores e técnicos se adiantasen.

A Axenda: O noso fútbol bota a andar no 2020

Comeza o ano e como apertivo ao día de Reis, varias categorías do noso fútbol xa se poñen a andar. Aquí unha pequena escolma dos encontros máis destacados: TERCEIRA DIVISIÓN  – Racing Vilalbés – U.D. Ourense (Domingo ás 16 horas na Madalena): o conxunto chairego, aínda co derbi ante o Polvorín por disputar, suma dous […]

A Axenda: o liderato da Preferente, en xogo en Cantarrana

A Axenda desta xornada ven protagonizada polo partidazo de Cantarrana, pero nen moito menos ten o protagonismo absoluto. Ademáis do partido da xornada, temos unha ampla oferta ao longo e ancho da nosa provincia. Terceira División – Racing Vilalbés – Bergantiños C.F. (Domingo ás 16 horas na Madalena): encontro trampa na capital da Terra Chá. […]

Diario dun mercado. Episodio 136

Levabamos uns días sen actualizar o mercado. Os movementos van a menos conforme comeza a temporada. A maior parte dos equipos teñen o seu cadro de xogadores case confeccionado. Aínda así, botamos a vista as últimas altas e poñémonos ao día do mercado da provincia. A Primeira Rexional xa botou a andar de forma oficial. […]

A Axenda do fin de semana (31 de agosto – 1 de setembro)

Agardando que se poñan en marcha tódalas categorías do noso fútbol, chega a segunda xornada en Terceira e Preferente. Ademáis, primeira rolda eliminatoria da Copa Deputación. Sábado 31 de agosto – Club Lemos – Puebla C.F. (18:30 horas na Pinguela): non puido ser mellor o comezo do conxunto monfortino. Un triunfo en Dubra, que quere […]

Diario dun mercado. Episodio 123

A case un mes para o comezo de liga en Terceira, o Racing Vilalbés segue a apuntalar a súa plantilla. O conxunto chairego asinou ao centrocampista Javi Sandá, procedente do Laracha. Tan só un chanzo máis abaixo, a Sarriana fíxose cos servizos dos irmáns Keko e Jacobo Vilariño, ámbolos dous saídos da canteira do C.D. […]

Diario dun mercado. Episodio 111

Cun número capicúa comezamos os diarios «despois do All Star». Tras teren abandonado durante uns días os movementos do mercado, acumúlanse as novas. Renovacións, despedidas… sorpresas e moito máis nesta edición!!

Diario dun mercado. Episodio 109

En plena organización do I All Star Futbolinlugo, tamén nos achamos inmersos nun momento chave no mercado de fichaxes. As pezas máis cotizadas do mesmo dispútanse entre os distintos clubes, mentres outros apostan por novas xoias ou por dar continuidade aos seus cadros de xogadores!

Diario dun mercado. Episodio 107

Coa resaca do Arde Lucus e as diferentes verbenas aínda presente, o mercado de fichaxes non perdoa e continúa a moverse. Hoxe repasaremos as máis recentes novedades, desde a Terceira Nacional até a Terceira Galicia.

Diario dun mercado. Episodio 103

O mercado do fútbol provincial continúa movéndose. O Racing Vilalbés segue preparando a vindeira temporada na Terceira Galega. Polo de agora con renovacións. Os irmáns Varela, Jose e Javi, súmanse tamén ao proxecto da 19/20. Polo momento o cadro chairego conta con cinco xogadores (tamén renovaran Make, Vérez e López). Na mesma categoría, un recén […]

O partido da xornada . . . Foz e Viveiro ante a derradeira xornada de Preferente

Xa non vai máis. Remata outra temporada máis na Preferente e faino con dous dos nosos representantes xogándose boa parte dos seus obxectivos. Mentras que o Castro xa está descendido, o Ribadeo co sexto posto no peto logo dunha boa temporada e a Sarriana coa cuarta posición ao alcance despois dunha campaña sobresaínte, o Foz […]

O partido da xornada . . . S.D. Sarriana – Viveiro C.F.: a Ribela dictará sentencia na pelexa polo ascenso

Coa salvedade do C.D. As Pontes, destacado líder durante toda a temporada, co ascenso e o campionato no peto desde fai varias xornadas, a pelexa polo segundo posto preséntase, nesta Preferente, máis aberto e emocionante que nas últimas edicións. Catro equipos con opcións, e dous son lucenses: Sarriana e Viveiro. Ambos enfrontaranse o domingo ás […]

O partido da xornada . . . U.D. Folgueiro – S.D. Guitiriz: un obxectivo en noventa minutos

  A penúltima xornada de liga en Segunda Autonómica pode decidir, de xeito definitivo, varios ascensos. No grupo Sur, aínda que son máis os que teñen opcións, San Roque, Palas e Guntín xogaranse as dúas prazas que outorgan o pase a Primeira. Na zona norte da nosa provincia, un enfrontamento destaca por enriba do resto. […]