Coa resaca do Arde Lucus e as diferentes verbenas aínda presente, o mercado de fichaxes non perdoa e continúa a moverse. Hoxe repasaremos as máis recentes novedades, desde a Terceira Nacional até a Terceira Galicia. É na primeira delas na que o lateral David Buyo renova no Racing Villalbés para afrontar a que será a súa terceira temporada na Magdalena. Tamén continúa no Racing Aitor Moreda, un rapaz focense que remata a súa etapa de xuvenil, pero que xa sabe o que é debutar e anotar un gol na categoría. Por último, fíxose oficial a fichaxe de Ángel, centrocampista que chega desde o Boiro e con pasado no Fabril. A “cara b” son Arón e Xusto, que non continuarán no clube.

Saltamos agora á Primeira Galicia, onde o CD Castro, recén descendido que quere volver á Preferente, anunciou a volta dun vello coñecido do clube, Pedro Díaz. O Outeiro de Rei, aspirante ao ascenso, será dirixido por Josito tras a marcha de Cholas. Outro conxunto que buscará o salto de categoría será a SD Chantada, no que serán chaves xogadores como Michi e Alex Delgado, que confirmaron a súa renovación cos do Sangoñedo. Tamén o outro clube que compite no campo chantadino, o Chantada Atlético, anunciou a renovación de Ariel e de Samu Linares. Por outra banda, o Lourenzá afrontará o reto de manterse na Primeira con xogadores como Recalde, Montxo ou Garrafí, que renovan no “Atleti”.

Na Segunda Autonómica, o Brollón renovou ao groso do cadro de xogadores: David, Pablo, Lucas, Samu, Castro, Rivera, Miguel, Davicín, Maikel, Mesi, Bertín, Damián, Rony, Óscar Casanova e Fer, ademáis da volta ao equipo de Hugo Sánchez Macía. En canto ao corpo técnico, Chura e o seu segundo Richard continúan á fronte do equipo, aos que se sumará Jorge Pérez. O Becerreá, tras salvarse pola permanencia do Celta “B” e o ascenso do Racing Ferrol, será dirixido por Antón Méndez, na que será a decimoterceira campaña no conxunto da Montaña!

Tamén na Terceira Galicia chegan novidades. O Sporting Lucense loitará por voltar á Segunda, polo que incorpora a David García, Carlos Rico e José García, procedentes do Matela, a Rubén García -que chega desde o fútbol sala- e a Jesús Pérez, procedente do Lugo Unión. O Sober renova ao míster Pasín.

En canto ao fútbol feminino, a SD Chantada será dirixida por Álex Varela, un rapaz moi novo que xa ten experiencia nos banquiños do Sangoñedo!

Para finalizar, anunciamos unha noticia que nos enche de ledicia. O Carballedo CF, que ata agora só contaba con equipo feminino, sacará a competición un conxunto masculino que miltará na Terceira Galicia. Sempre é un pracer ver como medran os equipos lucenses, especialmente se fan as cousas ben coma neste caso!

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario