Cun número capicúa comezamos os diarios “despois do All Star”. Tras teren abandonado durante uns días os movementos do mercado, acumúlanse as novas. Renovacións, despedidas… sorpresas e moito máis nesta edición!!Na Terceira División, o Racing Villalbés non contará con Denis nas súas filas na próxima campaña, e na Preferente, o gardamallas da Sarriana Ayoub Atib deixa o equipo para incorporarse á dinámica do Alondras. A boa temporada e o traballo do gardameta permítenlle saltar de categoría.

Xa na Primeira Galicia, o CD Castro contará nas súas filas con Pete, recén saído dos xuvenís dos chairegos. Tamén hai movementos na entidade que nos acolleu o pasado sábado, a SD Burela. Os da Marosa anunciaron a volta de David Ben, un dianteiro que está afeito a atoparse entre os máximos goleadores das ligas nas que compite (ata o de agora, Nacional xuvenil, Galega xuvenil, Preferente Norte co Viveiro ou en anos anteriores na base da SD Burela). Asemade, todo apunta a que Diego Chao vestirá a indumentaria verde na 19/20.

Falando agora da Segunda Galicia, o CD Palas xa ten novo adestrador: Iván F. Carril “Karanka” dirixirá aos dos Chacotes nunha temporada na que tratarán de conseguir o ascenso que se lles escapou nos últimos partidos esta campaña que vén de rematar. O CD Xermade, pola súa banda, atópase a piques de confirmar a fichaxe de Laguardia, “o jabalí da Paidavella” segundo as redes do propio clube. No que atinxe ao fútbol feminino, Sara Fernández renova no Carballedo!

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 458

Deja un comentario