PM Friol, Antas e Chantada mandan en cadansúas ligas

O fútbol feminino lucense pechou unha xornada con tres equipos no máis alto das súas clasificacións. O PM Friol e o Antas prolongaron os seus inicios perfectos, mentres o Chantada tomou o liderado en solitario da Segunda Futgal. Na Terceira, o Antas B impúxose á Comercial no primeiro derbi provincial da categoría. O PM Friol […]

PM Friol, Antas e Chantada seguen marcando o paso

O PM Friol e o Antas prolongaron os seus inicios perfectos e suman xa cinco vitorias, mentres o Chantada continúa como líder en solitario da Segunda Futgal tras golear no derbi ante o San Lázaro. O filial friolés tamén venceu e A Milagrosa rescatou un punto no último minuto. O PM Friol consolida o liderado […]

Os ecos da cuarta xornada da Segunda Futgal

Merino non continúa como adestrador do Riotorto logo de 4 xornadas, Carracedo segue de porteiro e varios dianteiros afinaron a súa puntería

O PM Friol conquista o liderado con épica

O PM Friol remontou dous goles nos últimos minutos ante As Celtas B e quedou só á fronte da Terceira Federación. A xornada deixou tamén as vitorias do Antas, o Chantada, o San Lázaro e o filial friolés, ademais dunha estrea triunfal do Antas B na nova Terceira Futgal. Unha remontada para tomar o mando […]

Antas e Chantada prolongan o seu inicio perfecto

O Antas prolongou o seu inicio perfecto cunha goleada no campo do Atlético Villalonga B, mentres o Chantada remontou o temperán gol do Bandeira para manter tamén o pleno de vitorias. A Milagrosa estreou a súa puntuación cun empate sen goles e o derbi entre o San Lázaro e o PM Friol B resolveuse cun […]

Chantada entra pola porta grande

O Chantada asinou a única vitoria lucense no inicio da Segunda Futgal cunha contundente goleada ante o Xuventude de Crendes. Na xornada tamén destacaron o PM Friol e o Antas, que manteñen o pleno de triunfos nas súas respectivas categorías, mentres A Milagrosa, o San Lázaro, o PM Friol B e o San Roque quedaron […]

PM Friol e Antas comezan con paso firme

O fútbol feminino lucense botou a andar e fíxoo con contrastes. Mentres PM Friol e o Antas sumaron os tres primeiros puntos da tempada, aínda que por camiños moi distintos, a Milagrosa non puido acompañar cun resultado positivo o seu debut na Primeira Futgal. Nerea rompe o muro do Boiro O PM Friol tivo que […]

Comeza a última Segunda con grupos de 16

Diego Muiña (Castro) e Alejandro García ‘Portu’ (Antas) analizan o inicio dunha Segunda Futgal que terá, mínimo, 3 descensos por grupo

Volve o Fútbol, con F de Feminino

PM Friol Volve o fútbol feminino á provincia nesta tempada 2026/2027 que inaugurarán os partidos do PM Friol (3ªRFEF), Antas e Milagrosa (1ªFutgal). As friolesas comezarán esta campaña na Reigosa, onde recibirán ao Concello de Boiro. Unha tempada con cambios no vestiario pero que, de seguro, seguirá contando co acerto dunha dianteira experimentada e sempre […]

Eli, xogadora do Antas

Eli (Antas): «É emocionante saber que o camiño remata»

A final da Copa Deputación Feminina foi a última en desputarse e agasallou un encontro espectacular entre a Milagrosa e o Antas. O título, despois de gañar por 1-3, foi a guinda para unha tempada espectacular para o Antas e tamén o seu segundo título consecutivo de liga, pero tamén foi o peche soñado para […]

O Antas coróase campión da Copa Deputación tras vencer á Milagrosa na final

A Medela foi testemuña dunha final de Copa Deputación Femenina que o Antas resolveu con contundencia fronte á Milagrosa. Un 3-1 que non reflicte con exactitude o equilibrio que houbo durante boa parte do encontro, pero que premia a capacidade das ulloanas para golpear nos momentos decisivos. O partido non arrincou á hora prevista. A […]

A Milagrosa xa é de Primeira

«A Milagrosa obra o milagre» sería un titular que a quen pertencemos ao (tan fermoso como denostado) gremio xornalístico faríanos «chiribitas nos ollos», pero non se axustaría á realidade. ‘Milagre’ (s.m.): 1. Feito que non ten explicación lóxica e que se atribúe a unha intervención divina. 2. Cousa que produce moita admiración por suceder en […]

Final agridoce para o fútbol feminino lucense

Cos encontros desta fin de semana, o fútbol feminino lucense puxo o punto final á tempada. Última xornada en Primeira e Segunda Futgal que rematan cun sabor agridoce. O Antas quedou ás portas do play-off de ascenso á 3ªRFEF, a Milagrosa clasificouse para a fase de promoción sen necesidade de xogar e o San Lázaro […]

Chegan os play off!!

Chega a hora da verdade. Non hai marxe de erro nos play off de ascenso e varios lucenses poñen en xogo dar o salto de categoría. Entidades históricas como o Lemos tentarán xogar en Terceira RFEF, mentres que o seu filial buscará un ascenso histórico a Primeira Futgal. Analizamos os encontros de play off e […]

A Milagrosa trae as boas novas dunha xornada con luces e sombras

O fútbol feminino provincial baixou o pano á competición regular cunha xornada chea de emoción, despedidas e balance desigual para os equipos lucenses. A Milagrosa deu un paso case definitivo cara ao play-off na Segunda Futgal, mentres que na Primeira e Terceira Futgal houbo luces e sombras entre os representantes da provincia. O Antas cae […]

Chantada, capital do ascenso por partida dobre

O Chantada feminino celebrou no Sangoñedo un ascenso máis nesta tempada tras impoñerse por 2-0 ao Bandeira. Nun día especial, as xogadoras saíron ao campo acompañadas das súas nais, nun xesto emotivo antes do inicio. O conxunto visitante avisou primeiro nun lanzamento de falta que Deva resolveu con seguridade, pero pouco a pouco as locais […]

Gran tempada mais sen premio para o PM Friol

PM Friol 4-1 Bergantiños O conxunto lucense despediu a tempada cun triunfo sólido diante do Bergantiños nun encontro que foi de menos a máis. Tras unha primeira metade equilibrada, o Friol conseguiu abrir fenda no marcador na segunda parte, impulsado polo acerto de Paola, autora dun dobrete, e polos goles de Yole e Mery. O […]

O PM Friol xogarase entrar no play-off na última xornada

O PM Friol impón o seu oficio nun duelo directo ante o Victoria FC (2-4) Partido de máxima igualdade o vivido entre o PM Friol e o Victoria FC, condicionado tanto polo que había en xogo como polo resultado doutros encontros da xornada. Dende o inicio, o choque desenvolveuse de ti a ti, con posesión […]