Os desexos do fútbol feminino para o próximo 2024
Falamos con todos os clubs da provincia para coñecer as súas peticións ao novo ano
Falamos con todos os clubs da provincia para coñecer as súas peticións ao novo ano
Mario Puerta é un dos xogadores máis destacados da temporada 23/24; os seus goles son clave no liderado do Oural
O novo adestrador do Muimenta, Álex Vázquez, atende aos nosos micros para valorar a súa chegada ao Pichón.
A redución editorial non afecta a outros eventos e accións. Mantemos o All Star e a Guía
Instantáneas do Brollón 5-1 Becerreá cortesía de Mariluz Fagín.
Remata o ano 2023, que consolidou a «nova normalidade» no noso fútbol logo de varias temporadas difíciles. Un curso no que os integrantes do fútbol lucense vivimos momentos especiais e dignos de lembranza. Lembranzas que non sempre estarán acompañadas por sorrisos, senón tamén por bágoas. Así é o noso deporte: ás veces cru, outras ditoso […]
O Pastoricense voltou despois de moitos anos á Segunda Autonómica. Despois dunha temporada na que non foi posible acadar a permanencia, o club mantivo a súa filosofía, aínda que renovou o seu cadro de xogadores con futbolistas novos e comprometidos. Ao banquiño do Acebreiro chegou José Cendán Paredes ‘Basi‘, que logo dun periplo á fronte […]
Javi Liz analizou no Ser Deportivos Lugo do venres 22 de decembro a boa primeira volta asinada polo seu equipo actual, a Sarriana, do que é capitán.
Rematou o ano futbolístico na Terceira Galicia e fíxoo con troco de líder no grupo sur. O Rubián perdeu o seu primeiro partido da temporada diante do Corgo e o Páramo, co seu triunfo fronte ao Taboada B, colleu o testigo dos de Senén López. O Sober venceu ao Relámpago Taboada e recurta diferencias cos […]
Mario continúa marcando goles nun Oural que xa é campión de inverno na zona sur da Segunda
Sorpresa no derbi adiantado da Terceira Galicia. Avanzamos o 2024 no noso fútbol
Os Máxicos chegan ao parón de Nadal cos obxectivos ben definidos de cara ao próximo ano.
Rematou o 2023 futbolístico, e fíxoo con derrota na Segunda RFEF. O Racing Vilalbés non puido puntuar no Vao fronte ao Coruxo. Na Terceira RFEF a Sarriana venceu con claridade no campo do Somozas, mentres que o Polvorín e o Viveiro caeron derrotados. Os primeiro no campo do Gran Peña e os segundos na casa […]
O técnico de moda afirma «que lle cambiou a vida e non bota de menos xogar»
Diego Díaz (a esquerda na imaxe, xunto a Donato de Castro) deixou de ser adestrador do Portomarín o pasado domingo.
Comezou a segunda volta da competición na Terceira Galicia. No grupo norte o Celta Barreiros camiña con paso firme e ampliou diferencias no liderado logo do seu triunfo na Veiga do Olmo, axudado pola derrota do Casás no derbi capitalino co Piringalla. O Goiriz acadou a terceira vitoria consecutiva no campo do Rioaveso. O Celeiro […]
Álex Vázquez é o novo adestrador do Muimenta. Álex Vázquez (terceiro na foto comezando pola esquerda) chega ao club celeste na penúltima xornada da primeira volta. O equipo é penúltimo clasificado na zona norte da Segunda a dous puntos da salvación. Álex Vázquez debuta este sábado na visita do Muimenta á Candelaria (A Granda, 16:00h). […]
Importantes triunfos de CD Lugo e PM Friol en categoría nacional. O CD Lugo B levou o derbi
A Copa Deputación 2024 vai comezar a fin de semana dos Reis, 88 equipos e cunha contía mínima que oscila entre os 685€ e os 1.250€