Dende este venres podes facerte coa guía do fútbol afeccionado lucense. Estará dispoñible nos puntos de venda de El Progreso da provincia e doutros lugares como As Pontes. A publicación recolle a análise e os cadros de xogadores de 88 equipos.
O prezo por exemplar é de 2€. Trátase dun monográfico de 96 páxinas a toda cor. Nel aparecen todos os conxuntos femininos da provincia: dende a Terceira RFEF ata a Terceira Galega. Ademais dos clubs masculinos de Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Futgal. A maiores, teñen o seu espazo todos os colexiados.
Por sexto ano (dende o 2018, pero con parón na pandemia), Futbolinlugo e El Progreso traballaron conxuntamente para sacar adiante esta biblia do balompé. A Guía mantén o seu formato, pero trae novidades. Desta volta, coñecemos aos indispensables dalgúns equipos; persoas que de xeito altruísta traballan diariamente pola supervivencia dos clubs. O seu labor é crucial para que despois os futbolistas podan desfrutar do xogo.
A maiores, nesta edición por fin podemos incluír un índice co que será máis sinxelo acceder ás páxinas dos equipos. Por motivos de espazo, non fora posible nas anteriores ocasións. Tamén introducimos novidades nas dúas páxinas dedicas aos colexiados, inluíndo datos como o do seu lugar de procedencia.


Futbolinlugo contou co noso redactor Diego Díaz e co xornalista Manu Amor como coordinadores deste traballo. Ao equipo habitual de Fil (Marcos Fernández, Santi Real e Iván Calaza) uniuse tamén Eva Argiz, que desde esta semana é redactora habitual deste medio dixital.
Para realizar a guía incorporouse este ano Mateo ‘Meco’ López e regresou Juanma Rodríguez. Ademais contamos con Jorge Bergantiños, Rachu Carballedo, Toño Rico, Pablo Delgado, Carlos Julio González, Álex Vasco e Miguel Piñeiro, tamén habituais nas últimas edicións.
