Como afronta a nosa base as fases de ascenso?

 

Desde o pasado luns, coñecemos oficialmente os rivais aos que se terán que medir os distintos equipos de base lucense nas fases de ascenso ás respectivas Ligas Galegas, nas categorías infantil, cadete e xuvenil.

Este ano o formato presenta certas variantes en relación coas pasadas temporadas. Por exemplo, as eliminatorias resolveránse no formato de partido único -agás a última, que contará coas tradicionais ida e volta-, disputándose este nun campo neutral. Para coñecer máis sobre o sorteo podes premer aquí.

A base da provincia de Lugo, como todos os anos, conta con numerosos candidatos a lograr o ansiado ascenso. Premio ao traballo de todo o ano, os partidos nos que se está a xogar un ascenso sempre deixan goles e xogadas para o recordo, emocións que dificilmente se repetirán… pero, especialmente, serven para unir máis os grupos humanos que comparten estas experiencias.

Nos últimos anos, a provincia conta ascensos como o do Racing Villalbés “B” en xuvenís ou o do Polvorín en infantís, aínda que a sorte non está a sorrir aos nosos clubes todo o que podería facelo. Quizais sexa esta temporada -polo momento xa histórica para o deporte e o fútbol lucense- a que nos agoche un gran número de alegrías e ascensos!

Xa que logo, Futbolinlugo quixo saber como se afrontan os diferentes cruces desde dentro, de modo que falou cos adestradores dos diferentes representantes lucenses nestas fases finais.

En categoría infantil, a SDC Residencia pode acadar o ascenso directo se consigue vencer ao Orillamar este sábado. O seu adestrador, Káiser, sinala que “é unha fase de ascenso é realmente emocioante ao ser a partido único. Os rapaces levan todo o ano traballando e estou seguro que van a dar o mellor de si.” 

O outro conxunto infantil que disputará a fase de ascenso é a SCD Milagrosa. No seu caso, véndose obrigados a superar tres eliminatorias, a primeira delas ante o Santa María del Mar. O adestrador dos de Frigsa, Madriles, afirma a afrontamos coa ilusión que conlleva xogar unha fase de ascenso, sabendo a dificultade da mesma e do importante que é facer as cousas ben para tener opciones na eliminatoria.”

 

É precisamente Madriles o adestrador da SCD Milagrosa cadete, campión da liga cadete. Este equipo, por tanto, conseguirá o salto de categoría se consegue tumbar ao Amistade Meirás. Ademais, nun escenario idílico, o campo do Mundo do Fútbol, Abegondo. Madriles di que Evidentemente soñamos co mellor e soñamos con poñer o broche de ouro á temporada. Aún así, sabemos que isto é Fútbol Base, y non vamos xogar con presión u obligación algunha. Si se pode culminar a temporada cun ascenso, bienvenido sexa e, se non se pode, toca seguir traballando e formando a estes futbolistas.”

 

A SDC Residencia tamén opta a ascender en idade cadete, sendo o Villestro o seu primeiro rival. O seu técnico, Antonio Gómez, declarou para Futbolinlugo que “afrontamos a fase con moita ilusión e ganas de facer un bo papel, pero sabendo as dificultades que conleva ir a esta sendo segundos na clasificación. No club van varios intentos de ascenso e agardemos que este ano se poida conseguir. A ilusión é grande pero iremos partido a partido”.

O Racing Villalbés “B” acadou o ascenso á Liga Galega Xuvenil a pasada campaña

En categoría xuvenil, a SDC Residencia completou o pleno, conseguindo que o seu equipo se proclamase campión e, do mesmo xeito, dispute a fase. Só un partido ante o Eume Deportivo separa aos da Cheda da gloria O preparador, Dani Galán, falou así para nós: “Afrontamos o partido a tope, temos a espinita clavada do ano pasado e intentaremos ir a por todas. Unha fase de ascenso sempre é complicada toque o rival que toque, e máis ao ser a único partido. Poden pasar moitas cousas, pero o equipo está convencido de conseguilo e iso é o máis importante.”

Tamén o Palas opta ao acceso á Liga Galega. Para iso, terá que superar un primeiro duelo ante o Fisterra, e dúas eliminatorias máis a posteriori. Luis Mato plasmou o seu sentimento con estas verbas: “é un novo formato a partido único. A eliminatoria é complicada pero tamén ilusionante ante un equipo cunha gran capacidade goleadora. Necesitaremos moita concentración e un bon equilibrio defensa-ataque.” O Porto Burela ten igualmente unha oportunidade de pasar á seguinte ronda se elimina ao Xuventude Oroso.

Asemade, a SD Chantada xuvenil pode voltar á Liga Galega Xuvenil Sur, no caso de gañar dous choques. A campaña dos do Sangoñedo está a ser magnífica, e o seu adestrador Tastre sinalou que “a fase se afronta como un premio polo traballo feito ata agora, como non pode ser doutro modo, e con unha ilusión tremenda de poñerlle a guinda final a esta temporada. Creo que vamos ter as nosas opción e confiamos nelo, os rapaces están convencidos pese a coñecer a dificultade de ascender. Primeiro, vamos pasar esta ronda, xa que sería moi especial traer a última eliminatoria a Chantada.”

Estes serán todos os cadros que defenderán o nome de Lugo nunhas fases de ascenso nas que o nivel dos participantes é, sen dúbida, elevado, pero que de seguro deparará unha gran cantidade de alegrías.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario