Todo en xogo nestas últimas semanas de competición, nos que moitos equipos teñen que mirar máis aló dos seus encontros. Coa Copa 2018 xa iniciada na Segunda e Terceira Rexional, o resto das categorías do noso fútbol céntrano todo os derradeiros enfrontamentos da liga regular.

Segunda B:

Non hai ningún representante da provincia na división de bronce, pero o que fagan os equipos galegos ten trascendencia no resto do fútbol da terra e, por suposto, no lucense. Queda unha xornada para o final e, nestes momentos, xa está confirmado o descenso do Cerceda á Terceira. Ademais, o Racing de Ferrol e o Coruxo atópanse en zona de descenso. Na loita, tamén está o Pontevedra que ten unha vantaxe de dous puntos sobre o posto de promoción e de descenso. Esta situación implica que vai haber un descenso seguro doutro equipo galego e, no mellor dos casos, outro desputaría a promoción de descenso. Polo tanto, contamos con dous arrastres xa seguros dende a división de bronce cara a Terceira Galega.

Terceira División:

Na Terceira queda tamén só unha xornada e o único representante lucense non está preocupado polos arrastres. Non obstante, o Racing Vilalbés si podería influír neles, xa que o equipo da Terra Chá ten asegurado o seu posto de play off de ascenso á Segunda B. O conxunto adestrado por Óscar Gilsanz é terceiro clasificado con dous puntos de vantaxe sobre o Alondras, polo que se xogará a posición na última xornada diante do Laracha no que milita o vilalbés Víctor Eimil e que tamén está pendente dos arrastres. Nunha categoría na que o campión Compostela de Santi Gegunde e Diego Rey xogará a promoción de campións e o Bergantiños de Pablo Antas, Iago López e Roberto Prieto desputará o play off como segundo clasificado.

Dos catro equipos que están en descenso na Terceira, Noia e Negreira baixarían neste momento para o Grupo 1 da Preferente. Os dous arrastres que habería nestes intres levarían por diante o Areas do lucense Ross e o Arenteiro. Nese caso, ningún conxunto máis caería para o norte da Preferente. Aquí habería que ter en conta tamén os posibles ascensos que se puidesen producir de Terceira á Segunda B. Segundo ascendese un equipo, salvaríase outro e así sucesivamente ata que no suposto de que subiran os catro de Terceira, podería subir algún dos terceiros da Preferente.

Grupo I Preferente:

Restan tres xornadas na Preferente e o Polvorín lidera a categoría empatado a puntos co Paiosaco e só con dous de vantaxe sobre o As Pontes. O Ribadeo é cuarto, a catro puntos do conxunto pontés e aínda soña con poder acadala terceira praza, xa que esta temporada o cuarto non terá opcións de ascenso por mor dos comentados arrastres. O Castro é quinto, pero xa quedou sen opcións de loitar pola zona alta.

 

O Polvorín busca o ascenso na súa segunda tempada na Preferente dende que ten o convenio de filial co Lugo. Na imaxe, o gardamallas Pablo Cacharrón

Na zona perigosa o Outeiro de Rei xa confirmou o seu descenso á Primeira Rexional e aínda que non é matemático o Atlético Escairón apenas ten opcións de manterse na categoría. Está a nove punto da Residencia, do Viveiro e do San Tirso e só ten o gol average a favor co conxunto da capital lucense. Un equipo, que xunto co Viveiro descenderían nestes momentos por mor dos arrastres. Ademais do San Tirso, o seguinte na clasificación é o Betanzos que ten un punto máis ca os dous lucenses (40).

Primeira Galicia:

As contas parecen están máis claras no grupo lucense da Primeira cos dous equipos da cabeza que xa confirmaron o seu ascenso: Sarriana e Foz. A pelexa é máis dura pola zona baixa a falta de dous encontros para pechala fase regular. Xermade, Bóveda e Ferreira están descendidos e tendo en conta que nestes intres caerían catro equipos lucenses dende a Preferente, habería tres arrastres máis na división. San Roque, San Cibrao e Pontenova baixarían, aínda que a desputa está apretada tamén con Páramo, Valadouro, Taboada, Pastoricense, Monterroso e Santaballés.

Segunda Galicia:

Coa liga rematada e os equipos centrados na Copa, Burela, Pol, Friol e Chantada Atlético planifican xa a vindeira temporada na Primeira Rexional. Non obstante, pola zona baixa están aínda pendentes en cal categoría xogarán o próximo ano. Nesta situación habería tres descensos para o grupo norte e outros tres para o sur. Isto implicaría dous descensos a maiores en cadanseu grupo. No norte, descenden Alfoz e Ourol e descenderían Matela e Abadín; pola súa banda no sur baixan Rubián e Milagrosa e tamén caerían Antas e Castroverde. Tendo en conta que a previsión é que os ascensos de Cervo, Goiriz, Comercial, Corgo, Guntín e Incio se distribúan en tres para cada grupo sen influír nos descensos.

 

Fútbol feminino:

No grupo primeiro da Segunda División, o Peluquería Mixta Friol realizou outra gran temporada rematando a liga en oitava posición e sumando 37 puntos. Nun campionato no que competiu co proxecto máis ambicioso nestes momentos no fútbol feminino galego, o Deportivo Abanca. O cadro herculino finalizou en segunda posición sen posibilidades de xogar o play-off que disputa o Oviedo Moderno ao ser campión de grupo.

A Milagrosa é o equipo do fútbol provincial que conta con máis equipos totalmente femininos, sénior e de base. Nestes momentos son catro. Foto: Endie Doa Rúa

Xa na Primeira división galega, a Milagrosa remata esta fin de semana a liga na casa do Sárdoma B. As xogadoras do conxunto capitalino son décimas clasificadas con 37 puntos e non pasou apuros para lograla permanencia.

Na Segunda galega no grupo II, o Antas lidera a categoría con 63 puntos, con cinco puntos de diferenza sobre o segundo clasificado. A falta de catro xornadas para que remate o campionato o equipo da comarca da Ulloa é o claro candidato a subir o ano que vén á Primeira Galega. No grupo I, o Ribadeo está realizando unha gran temporada no seu primeiro ano de vida. Son cuartas na clasificación con 52 puntos. Quedan catro xornadas por disputar e o equipo da Mariña xa non ten opcións de finalizar na segunda posición na que se xogan os play-offs, pero si o mérito da gran temporada.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 550

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.