Palabra de… Diego Gómez: «Fútbol de mentira»

Lémbrome de cando era pequeno, e do que significaba o fútbol para min e os meus iguais. Aproveitabamos cada momento para pegarlle unha patada a un balón, cada recreo era o partido máis importante da túa vida.

Que foi de…Pablo Fernández: o cervense que puido disfrutar da Champions

Pablo Fernández Segurado (Cervo, 1983) foi probablemente dos maiores talentos que deu o fútbol mariñán nas últimas décadas. Xogador de moita calidade, mediapunta, ao que as lesións lle privaron de poder competir máis anos en categorías superiores. Pero deulle tempo a poder xogar na categoría de bronce do fútbol español, na súa etapa no Montañeros, […]

O partido da xornada . . . Atlético Escairón – C.D. Castro: os chairegos poñen a proba a reacción dos de Charlie

A xornada 27 da Preferente Norte tráenos un derbi provincial con moito en xogo. Será este domingo ás 17 horas no Municipal do Saviñao entre o Atlético Escairón e o C.D. Castro. Con obxectivos distintos na táboa clasificatoria, ámbolos equipos chegan a este partido con estados de ánimos ben diferenciados. O Escairón ocupa o décimoquinto […]

Cita histórica na División de Honra Xuvenil

Si. O campo da Reigosa, en Friol, será testemuña este domingo ás 12 dun acontecemento histórico no fútbol base da provincia lucense. Por que? CD Lugo e Racing Club Villalbés de xuvenís mediránse nun choque correspondente á 25ª xornada da División de Honra Xuvenil.

Os sobranceiros da Terceira na sétima xornada da 2ª fase

  Rematou a primeira volta tanto na fase polo ascenso como no Trofeo Delegación de Lugo na Terceira Galicia. O Inicio lidera a fase que da acceso á Segunda Galicia que xunto con Corgo, Goiriz, Comercial e Catro Roldas ascenderían de categoría. O Muimenta consolídase como líder no grupo norte e o Paradela mantén as […]

Os onces da vixésima segunda xornada na Segunda

  Mantéñense os líderes en ámbolos grupos da Segunda Galicia. No grupo norte, Cabreiros e Folgueiro empataron nun dos duelos da xornada na que Burela e Guitiriz seguen en postos de ascenso directo. No sur, o Friol, primeiro clasificado, venceu ao Chantada Atlético nun dos encontros importantes pola zona alta. O San Lázaro mantense por […]

Destacados Primeira. Xornada 23

*Ferreira-San Ciprián: Duelo de alternativas no Baliño, que rematou en táboas. O Ferreira marcou os tres primeiros goles do encontro. O primeiro deles, de Rubén Cidre en propia porta. *Sporting Pontenova-Pastoricense: Victoria fundamental para a Pontenova na loita por evitar o descenso. Farra marcou para o Pastoricense no ecuador da segunda metade e deixou o […]

As nosas redes falan!

  Chega ao seu fin o mes de febrero, e nós seguimos cos habituais destacados das nosas redes!

Trío de Ases Terceira (Xornada 27) e Preferente (Xornada 26)

O gran derbi polo ascenso tivo un claro dominador: o Polvorín. O cadro de José Durán deu un paso de xigante na procura do seu obxectivo tras superar con claridade ao Ribadeo no Ángel Carro. Jhon Cuadretti abriu a lata nada máis comezar cun gol de auténtico crack. Escriche e Javi Rey sentenciaron na última […]

Batalla a guantazos na Magdalena

Os gardamallas están de noraboa. O próximo venres 30 de marzo é o seu día. Chegan a Vilalba as tradicionais batallas de porteiros. Unha das competicións máis atractivas e vistosas para este gremio cheo de sufridores. Gran parte de culpa de que isto suceda tena o Rácing Villalbés. E, en especial, dous homes. O gardián do […]

Montoya (Iberia C.F.) e Pablo Rego (U.D. Xove Lago): mesma lesión, idénticas ilusións

No fútbol afeccionado, cando vestirse de curto un domingo o fas porque é a túa paixón e non polo que recibes a fin de mes, sempre existe o mesmo temor: «e se me lesiono?», «que será do meu traballo?», «e dos meus estudios?». É inevitable sufrir algún percance, pero o problema surxe cando aparece unha […]

Trastre, SD Chantada: «Imos loitar polo ascenso»

Nas últimas semanas, a reportaxe de fútbol base tivo como obxecto á Residencia xuvenil, por ser un dos mellores equipos da provincia. Sen embargo, non son os únicos. A SD Chantada xuvenil encabeza a clasificación da Segunda Fase do grupo ourensán, ocupando unha praza que da o ascenso á Liga Galega Xuvenil Sur. 

Os sobranceiros da Terceira na sexta xornada da 2ª fase

  Cambio á fronte da clasificación na fase polo ascenso da Terceira Galicia logo de disputarse o duelo entre os dous primeiros con vitoria para o Corgo sobre o Goiriz. Houbo troco de equipos tamén nunha das prazas que da acceso á Segunda Galicia. No Trofeo Delegación de Lugo mantéñense o Muimenta e o Paradela […]