Cando aínda parece estamos na plenitude do verán, chega o fútbol e benvido sexa. A Terceira e a Preferente xa botaron a andar, con sorte dispar para os nosos representantes. Foron quen de acadala victoria a Sarriana e o Ribadeo. O cadro sarriao gañou con autoridade ao San Tirso (3-0) nun encontro no que os […]
As vacacións van chegando á súa fin. É época de cambios e depresións. De ocupar de novo a cadeira baleira no traballo. De atarcederes temperáns. Tranquilos, non todo é malo. O mellor do regreso á rutina é que regresa ligada a unha pelotiña. Esta tarde bota a andar unha nova tempada para os nosos. Señoras […]
As previsións apuntan a que a Terceira División, que estrea temporada esta fin de semana, será unha das máis igualadas dos últimos anos polo nivel dos equipos que hai. Á marxe do que vaia dictando a competición, de entrada o que sabemos é que a provincia de Lugo volverá estar representada por dous conxuntos. Despois […]
Comeza a rodar a o balón nos campos da provincia de Lugo. A temporada 2018/2019 arranca esta última fin de semana de agosto, e recórdanos que o verán comeza a esmorecer. Tardes de praia ou piscina trocarán por outras en calquer currunho da nosa xeografía disfrutando dun bo encontro de fútbol. Para abrir boca, e […]
[themoneytizer id=»15360-28″] Onte á noite, chegaban desde a Federación os distintos calendarios das distintas ligas de fútbol base a nivel galego e nacional. Isto é, os correspondentes á División de HonraCadete, Liga Nacional Xuvenil, e Liga Galega (Norte e Sur) en categorías xuvenil, cadete e infantil.
Á publicación do calendario da Terceira seguiulle a decisión de que o FC Becerreá comunicou finalmente a súa decisión de non continuar como equipo sénior na Terceira Rexional, polo que a liga do grupo sur sufre algunha pequena modificación. Quedará con 11 equipos e os conxuntos que se ían enfrontar o FC Becerreá descansarán esa […]
A Segunda Rexional comeza en menos de tres semanas (a fin de semana do 8 e o 9 de setembro) con 32 equipos en competición. O sistema continúa sendo o mesmo das últimas temporadas con dous ascensos directos e dous descensos en cadanseu grupo; iso si, as baixadas de categoría poden ser máis polos posibles […]
Os clubes da nosa provincia ultiman detalles para botar a andar a temporada 2018-2019. O C.D. Castro na súa restructuración de plantel está a pique de pechar a incorporación de Dani, lateral esquerdo procedente do Becerreá, co afán de chegar co equipo pechado ao primeiro encontro ligueiro ante o Atlético Coruña Montañeros. O Riotorto incorporou […]
Fotógrafo: Marcos Fernández
Aproxímase a data de comezo da competición ligueira e a maioría dos equipos xa teñen a súa plantilla definida, pero outros aínda buscan no mercado as últimas pezas para facer o plantel o máis competitivo posible. É o caso da S.D. Sarriana, un dos conxuntos con máis movimento neste mercado estival logo do ascenso a […]
Fotógrafo: Viveiro C.F.
O Castro comezou tarde e segue buscando solucións no mercado. Anunciou as chegadas do dianteiro Rubén Fernández, o mediocentro Nico Edrosa e a chegada do defensa Dani Montes (ex xogador do Racing Vilalbés). Ademais Brais e Kevin antigos xogadores da Comercial están adestrando co equipo e a intención do club é que queden para a […]
Xa son anos vendo fútbol. Entrevistando a xogadores, adestradores, directivos… Empapándome de historias incribles. Da existencia das mesmas naceu, en gran parte, a necesidade de contalas. Naceu Futbolinlugo. Volvendo ao tema, o venres pasado visitaba A Marosa. E alí degustei, de xeito totalmente inesperado, un conto con final feliz. Unha novela de amor cargada de […]
Houbo que agardar ata a última hora para saber cantos equipos da nosa provincia xogarían na temporada 2018-2019 na Preferente Norte. Parecía claro que o Estudiantil ía renunciar á sua praza para comezar de cero en Terceira Autonómica, pero finalmente non foi así e a S.D. Residencia terá que afrontar a nova campaña en Primeira. […]
Os equipos lucenses chegan con forza esta campaña, pero tamén apuntan alto os nosos xogadores. É o caso de Ruchi, ex do CD Castro, que asina polo Paiosaco de Terceira División.
De novo o fútbol lucense volta a contar con dous conxuntos lucenses na Terceira División. Logo de que nos últimos anos Ribadeo e Castro tiveran presencia na categoría, na pasada temporada só o Racing Vilalbés foi o que paseou o nome da nosa provincia por toda a xeografía galega. Ademáis do conxunto chairego, o Polvorín […]