Destacados Primeira. Xornada 2

*Sporting Pontenova-Pol: O cadro de Abad aproveitouse da mala versión mostrada pola Pontenova. Especialmente, Iván González. O veterano punta está de volta. Recital de fintas, regates e asistencias culminado cun auténtico golazo. Unha volea dende tres cuartos de campo por toda a escadra.

*Taboada-Residencia: Logo dun inicio frenético, o centrocampismo mandou na primeira metade. Os goles quedaron para a reanudación. Na reanudación, o Taboada deu un paso á fronte. Adiantouse nun saque de esquina e Mosqui puxo terra de por medio nun contragolpe de manual. A Residencia non se deu por vencida a pesares da expulsión de Arturo. Dani Galán recurtou diferenzas de penalti e os capitalinos morreron apretando ata o pitido final. Sen premio algún, iso sí.

*San Ciprián-Atlético Escairón: Duelo de poder a poder no que se adiantou o Atlético Escairón nun penalti na primeira metade. O San Ciprián igualou nun saque de esquina ao inicio da reanudación. A falla de vinte minutos para o remate, decidiría de novo o balón parado. Os do Saviñao leváronse o encontro e os conseguintes tres puntos nunha falta directa.

*Chantada Atlético-Chantada: Derbi intenso. O Chantada adiantouse nun primeiro tramo igualado. Na parte final da primeira metade, os de Juan pudieron matar o encontro porén un penalti deulle vida ao Chantada Atlética. Na reanudación, os visitantes fixeron o 1-3 ao pouco de vir de vestiarios. A partires de aí, o Chantada impuxo o seu xogo ante un cadro atlético que tivo dúas boas oportunidades e rematou cun home menos.

*Friol-Burela: Primeira parte para os de Jon Vázquez, que marcaron dous goles e perdonaron algún máis. Na reanudación, o Friol non foi quen de sentenciar e o Burela meteuse no encontro en inferioridade numérica. Jony fixo o 2-1 pero os locais aumentaron a súa conta de novo. Aí, o cadro da Reigosa relaxouse. Viu como Jairo facía o segundo dos mariñáns e sufriu ante dúas claras oportunidades visitantes que puideron supoñer o empate.

*Pastoricense-Monterroso: Nivelado primeiro acto no que o Pastoricense errou un penalti. Dez minutos despois dese fallo, ao bordo do descanso, Lorenzo facía o 0-1 de falta. Na segunda metade, os locais sairon un tanto despistados e o Monterroso fixo sangue. Tres erros defensivos dos do Acebreiro e tres goles dos da Ulloa. Dende aí, o Pastoricense só tivo algunha ocasión para maquillar o resultado. Diego Seco fixo o gol da honra e Crespo puxo a ‘puntiña’.

*Outeiro de Rei-Páramo: Os de Cholas adiantáronse cun maxistral libre directo botado por Álvaro. Palle perdonou o empate nun man a man e Álvaro marcaba de novo para o Outeiro. Tralo descanso, Robertito devolveu ao ilusión ao Páramo dende o punto de penalti. Pouco durou a alegría. Jorge Pereira poñía o 3-1 nunha contra. Dende aí ao remate de encontro, oportunidades para ambos equipos. Goles non houbo máis.

*Lemos-Xove Lago: Golpe sobre a mesa dun Lemos que deixou claras as súas intencións de pelexar polo ascenso. Os de Edu xeraron múltiples ocasións ante un Xove Lago compacto e que buscou as súas opcións á contra. Todos os goles chegaron a balón parado ou de cabeza.

*Riotorto-Santaballés: Un golazo de Martín marcou as diferenzas nunha primeira parte nivelada. Labrada axitou o seu banquiño e asumiu riscos. O Riotorto igualou nun barullo na área tras un córner pero o triunfo levaríao o invicto Santaballés. Parapar cometeu penalti sobre Dani, que este mesmo transformou. Nos últimos minutos, os de Simón Lamas mantiveron a súa vantaxe con sufrimento.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 861

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.