O estreo ligueiro foi, ademáis, cun dos gallos da categoría, o Deportivo, en Abegondo, o que deparou nun vibrante choque que rematou con empate a dous goles, pese a ir por diante o equipo visitante a maior parte do encontro. Destacaron polas lucenses Jone Bilbao e Laura Gallego, xogadoras chamadas sen lugar a dúbida a facer grandes cousas este ano na Reigosa.
O obxectivo do PM Friol-CD Lugo será estar o máis arriba posible na táboa clasificatoria da Segunda División nacional -categoría na que levan afianzadas varios anos seguidos- e, se a sorte está do seu lado, poder optar ao ascenso á Primeira División, o que sería un increíble premio ao esforzo de, especialmente, directivos que levan anos volcando todos os seus ánimos en facer medrar a un pequeno equipo da vila.
Tamén foi histórica a fin de semana para o Antas debido a súa estrea na máxima categoría do fútbol feminino galego, logo do ascenso conseguido a temporada pasada. O rival para comezar era un dos fortes da categoría, o Dépor B. O cadro herculino demostrou a súa superioridade no Castro Seoane e derrotou ao conxunto da Ulloa por 0-8.


Outro equipo lucense que comezou a temporada foi a Milagrosa. As de Frigsa non tiveron fortuna ante o Villestro nun partido dominado de principio a fin polas santiaguesas, que se alzaron cun firme 10-0. Porén, cómpre destacar aspectos positivos, como a participación de xogadoras moi novas que nun anos estarán enchendo o López Gorgoso de alegrías.