A Liga da Montaña. Episodio 2

Ao comité de sabios da tasca nada se lle escapa, así que con dubidoso rigor histórico aparece na conversa a entrañable e precaria Liga da Montaña de finais dos setenta. Unha competición prácticamente autoxestionada polos equipos participantes precursora da actual Segunda Rexional, xa que por aquel entón non existía quórum para crear unha Terceira Rexional […]

Xabi Rodríguez: «O problema do fútbol é que todo o mundo pensa que sabe as regras»

Cada semana vivimos nos nosos campos situacións difíciles de explicar. Inverosímiles e que desencadean auténticas discusións na cantina. Cantas veces non desexamos ter un regulamento a man para poñer fin á batalla dialéctica? Ou para ‘meterllo nos dentes’ a ese home que berra sen sentido de pé na súa butaca… Agora, témolo moito máis doado. […]

A Liga da Montaña. Episodio 1

APUNTES DE TABERNA SOBRE EQUIPOS DOUTRAS PROVINCIAS QUE ALGUNHA VEZ DISPUTARON COMPETICIÓN OFICIAL EN LUGO As curiosas criaturas que nos movemos polas cantinas dos campos de Primeira, Segunda e Terceira (rexional, claro), gostamos de parolar sobre os asuntos mais diversos. O sanedrín do bar (non do V.A.R.) do campo favorece interesantes parlamentos e son noventa […]

Bo Nadal e Feliz 2018

Entramos nunha época do ano de sentimentos enfrontados. Veñen as festas das xuntanzas, das comidas e das celebracións, pero sen fútbol; aínda que este ano algúns si teñen que xogar. Os partidos aprazados da xornada 17 na Preferente estanse disputando nestes días e colle a algún lucense polo medio (Ribadeo, Lugo B, Castro e Escairón). […]

Álex Paz (Viveiro C.F.): «Non hai que ser hipócritas e decir que non pensamos na permanencia»

O Viveiro C.F. non atravesa o seu mellor momento. Con case que media temporada xa gastada ocupa o décimosexto posto na clasificación de Preferente Norte con dezaoito puntos, os mesmos que ten o Residencia, equipo que ocupa posto de descenso. Ademáis ven de perder en Cantarrana ante o Xallas (1-3) amosando unha mala imaxe. Comezou […]

Os sobranceiros da Terceira na décimo cuarta xornada

A piques de rematar o ano, rematou tamén a primeira fase da competición na Terceira Galicia. Oito equipos clasificáronse para a fase polo ascenso e xogarán unha liga a dobre volta como se decidiu antes do comezo da temporada. Os dezaseis equipos restantes (se ningún deles decide abandonala competición) dividiranse en dous grupos, o primeiro […]

O mellor da base no 2017

A pasada fin de semana disputouse a última xornada de fútbol base correspondente ao ano 2017. Para pechar o ano, queriamos facer un recopilatorio de todas as cousas, tanto positivas como negativas, que nos deixaron estes 365 días na base de toda a provincia, desde aqueles que en xuño remataron a súa traxectoria nas categorías […]

Os onces da décimo cuarta xornada na Segunda

O ano pecha co Guitiriz como campión de inverno a falta dunha xornada para rematar a primeira volta, despois de sumar unha nova vitoria e continuar imbatido no que vai de competición. Iso si, esta xornada non recurtou distancias cos seus rivais máis inmediatos, xa que os catro equipos que lle preceden na clasificación tamén […]

Destacados Primeira. Xornada 16

A última xornada de 2017 deixounos os seguintes detalles en cada un dos encontros disputados. E por suposto, os nosos destacados! *Santaballés-Xermade: O Santaballés gañou o derbi chairego con claridade. Martín deixou o gol da fin de semana cun espectacular lanzamento de primeiras dende a frontal. *San Roque-Taboada: A néboa foi a gran protagonista do […]

As nosas redes falan!

Chega o parón de Nadal nas nosas competicións, e as redes continúan igual de activas que sempre!

Trío de Ases Terceira (Xornada 19) e Preferente (Xornada 18)

Aquí en Lugo sómosvos de extremos. Nada de medias tintas. Por iso, os nosos equipos se atopan ou ben nos postos sobranceiros, ou sufrindo duramente para eludir o descenso. Comecemos polas boas noticias. O Racing Villalbés encarrilou a súa décima xornada sen perder despois de superar ao Laracha a domicilio. Fíxoo con dous goles antes […]

Palabra de… Fernando Currás: «Observar e actuar»

Como no fútbol, débese observar e actuar ante o planteamento ou movementos no céspede do rival. Sen embargo, hoxe non veño a falar de nada do que pasa no campo. Hoxe, veño a escribir sobre o que vemos todas as semanas nos campos de fútbol onde se están a disputar partidos de Fútbol Base. Alguén […]

Diego Villares, «Os que teñen que dalo todo polo Vilalbés son os de aquí»

Un novo 10 comeza a sobresaírse pola Magdalena. Faino normalmente dende a banda esquerda, aínda que a súa posición de sempre fose a de mediocentro. Ás veces, incluso, portando o brazal de capitán. De movementos rápidos e caneos certeiros, co engadido de que dende pequeno leva mamando as cores vermella e verde do Racing Vilalbés. […]

Os goles da Primeira Autonómica levan acento mariñán

Sete dos oito máximos artilleiros da Primeira Autonómica pertencen a equipos da Mariña de Lugo. Soamente Diego Arias, xogador do Lemos, é quen de asomala cabeza nos primeiros postos con dez dianas. O pichichi é Juanjo Coello con trece goles. O dianteiro do Xove Lago, formado nas categorías inferiores do Lugo e do Viveiro xa […]

Qué ver esta fin de semana? (16-17 decembro)

A última xornada antes do Nadal déixanos grandes partidos tanto no sábado coma no domingo. Comezamos coa Primeira Galicia en Cerdeiriños. Partidazo entre Monterroso e Sarriana, dous aspirantes ao ascenso. Se non vos chista este plan, tedes un derbi capitalino na Ponte entre San Lázaro e Milagrosa. O domingo, novo derbi da Preferente: Polvorín-Outeiro. Ollo […]

Chega a hora da verdade nos Provinciais

Tan só unha xornada. Iso é o que separa aos nosos xuvenís, cadetes e infantís da Segunda Fase do campeonato provincial.