#Benxamíns #Alevíns #Cadetes #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Infantís #Xuvenís

Futbolinlugo lanza a súa I Xornada de Tecnificación

Despois do éxito do I Campus Mixto Futbolinlugo Burela Bonita, esta casa quere seguir aproveitando os paróns vacacionais para acercar o noso traballo aos máis mozos da casa. Na liña de introducir á nosa canteira no universo Futbolinlugo (para cando cheguen ao fútbol afeccionado) nace a I Xornada de Tecnificación Futbolinlugo.

Unha iniciativa dun só día que terá lugar no Campo do Ladairo (Guntín) e organizada xunto ao Concello de Guntín (que aposta forte por Futbolinlugo esta campaña). O regalo de Nadal perfecto para os máis pequenos e pequenas. O 26 de decembro varios dos adestradores de referencia da provincia estarán con nós no Ladairo. Para mellorar os diferentes xestos técnicos de tod@ futbolist@ de entre 8 e 16 anos que queira participar: conducción, pase, finta, regate, disparo…

Jairo Campo (SD Burela) e Diego Díaz (Portomarín CF) repiten aos mandos do staff técnico, que estará completado por diversos preparadores de renome como son os casos dos confirmados Juan Rodríguez (Racing Villalbés de 2ª RFEF) e o noso Santi Real (SD Compostela). As prazas son limitadas e por rigurosa orde de inscrición.

A data límite de inscrición é o día 16 de decembro. E a mesma pode realizarse a través do código QR que figura no cartel desta mesma noticia e tamén premendo neste enlace. Calquera dúbida que teñades será resolta no correo campusfutbolinlugo@gmail.com



A actividade terá un custo de 30 euros (sen comida) ou 40 euros (co xantar incluído). Os participantes recibirán unha camiseta de agasallo e un día de puro fútbol (10:00 horas a 14:00 horas e 16:00 horas a 18:00 horas), no que sairán mellores futbolistas do que entraron ao verde do Ladairo.

Futbolinlugo lanza a súa I Xornada de Tecnificación

Tichu: «Fun egoísta e foi a mellor

Futbolinlugo lanza a súa I Xornada de Tecnificación

O partido en imaxes: Residencia – Victoria

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *