#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 330

A Guía ‘Fútbol en Lugo’ adoita publicarse o máis axustada posible co inicio da competición, cando a maioría dos movementos do fútbol da provincia xa se produciron. Non obstante, sempre se producen movementos de última hora que é inevitable que queden dentro das páxinas da ‘Biblia’ do balompé lucense.

Nos últimos días os equipos trataron de reforzarse xa ca tempada comezada. No fútbol semi afeccionado salienta a incorporación do Racing Villalbés. O cadro chairego suma un efectivo máis coa chegada de Dani Fernández. O futbolista pontés estaba sen equipo logo de desputar o último curso no Viveiro. Dani aportará experiencia e polivalencia (pode xogar de mediocentro ou central) aos de Simón Lamas.

Baixando á Preferente temos que comentar o regreso de Artai Pacios á Residencia. O futbolista procede do Outeiro. E continuando cara a Primeira Galicia adiantámonos a inminente fichaxe que ten previsto anunciar o CD Castro. Trátase dun dianteiro arxentino sen experiencia anterior en Galicia.

Xa na Segunda Rexional continúan os reforzos de última hora do Cabreiros. O equipo ao que chegou o adestrador Paco López a unha semana de iniciar a competición anunciou a chegada de José Luis. O futbolista pode xogar como dianteiro ou extremo e actualmente estaba sen equipo. Ultimamente xogou en veteráns e antes no Oural.



No equipo da Acea é noticia tamén que o dianteiro All Star Seijo non estará na disciplina do club. Nun principio semellaba que ía continuar pero finalmente xogará nos veteráns do equipo vilalbés de Román. Alí coincidirá co que foi o seu adestrador os últimos cursos no Cabreiros, Abel Rochela.

Diario dun mercado. Episodio 330

A Porra de Futbolinlugo, 2

Diario dun mercado. Episodio 330

O Ribadeo acada o primeiro triunfo e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *