Neste novo episodio do noso Diario, o Castro centra boa parte do protagonismo. Formarán parte do conxunto dirixido por Xoan Peón, o central ou mediocentro Diego Muiña, que chega procedente do Pol, conxunto no que rematou a temporada, pero con gran experiencia en Terceira nas filas do Racing Vilalbés ou Viveiro. Xunta a él estarán Lucas Basualdo, o último ano no fútbol italiano, Iván López, que chega desde o Guntín, Javi Carnero, procedente da Sarriana, así como o mediocentro Borja Rasilla, logo da súa gran temporada nas filas da Residencia.
Seguirán nas filas do Castro, Hugo Buíde e Adrián Román. Pola contra causarán baixa Begonte, Samu, Chufi, Yebra, Manuel, Play, Marco, Asier e Nico Edrosa. O conxunto do Lea reforza tamén o seu filial, recén ascendido a Segunda Autonómica coas chegadas do mediocentro Piraña, procedente do Muimenta, e o extremo Fran Regueiro, que chega do Cospeito.
Preto de Castro, o Pol asegurou a continuidade do monterrosino Porto, e o Escairón fixo o propio con Toto, un dos máis destacados do cadro do Saviñao na pasada temporada, que se comprometeu co cadro de Montoto por un ano máis.
O Sporting Pontenova reforza a súa portería coa chegada de Iker, que volve logo de varios anos de ausencia dos campos de xogo. Formouse na SD Ribadeo.


Reforzos tamén na portería do Brollón coa chegada de César, gardameta experimentado logo do seu paso polo Escairón e os últimos anos polo Ferreira. Tamén xogará no cadro vermello Aarón, que chega desde o Bóveda. O Río Sil contará esta vindeira campaña con Chomi, procedente do Quiroga. O Folgueiro renovou a Barri, un dos seus capitáns.
O San Lázaro, que contará esta temporada con equipo feminino, que estará adestrado por Lucía Cabado ‘Luchy‘, que contará coa axuda de Jorge López. O Monteforte anunciou as renovacións da centrocampista colombiana Camila Moreno e as defensas Shei e Laura Rivas.
Na base do Becerreá continuarán adestrando Álex López e Richard Huerta.
